Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta reforzará a loita contra o desperdicio alimentario e porá á disposición dos produtores unha plataforma web de venda directa co fin de evitar perdas
Salienta que será unha das medidas da nova Estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia que porá en marcha o Goberno galego para ampliar o labor que xa se viña desenvolvendo neste eido desde a Xunta
Rueda anuncia a ampliación do Plan de formación para o agro galego con 196 cursos e máis de 4.500 horas lectivas neste 2026
Destaca que a principal novidade é o reforzo dos módulos de aptitude empresarial agraria, xa que crece o número de accións e as horas de formación impartidas, co fin de diversificar a oferta con máis orientacións produtivas
A Xunta blinda a excelencia da formación e a investigación sanitaria cun concerto único coas tres universidades galegas no que investirá 21,5 M€
Alfonso Rueda explica que o novo modelo unificado, que estará vixente ata 2030, substitúe os acordos anuais e individualizados que o Servizo Galego de Saúde asinaba coas institucións do Sistema universitario galego
Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública
A delegada territorial de Xunta visitou este luns a parcela M-IIIB-1 na que se licitará o novo proxecto por un importe de 5.576.340 euros
Belén do Campo asiste á entrega dos premios da XIII edición do concurso literario escola “Carta a un Militar Español”
A delegada da Xunta destacou o valor educativo dunha iniciativa que fomenta entre a mocidade o coñecemento das Forzas Armadas e dos valores do esforzo, o compromiso e o servizo público
A Xunta pon en servizo o novo chan do adarve da Muralla á altura da rúa do Moucho para testar a súa idoneidade
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que a medida complementou a rehabilitación do paramento, executada en tempo récord tras a derriba ocasionada polos temporais do inverno
A Xunta convida ao público a compartir procesos creativos de danza e artes vivas no marco do seu apoio aos 10 proxectos das ‘Residencias Paraíso’ 2026
O Centro Dramático Galego recibe hoxe a Bflecha, Mwëslee e Diana Toucedo co proxecto ‘Stratos, (la piedra siempre estuvo allí)’, e o vindeiro luns chegarán Sara Somoza e Ismael Eirexas Romeü con ‘Monxa Millo Sentinela’
Belén do Campo anuncia en Noia que este venres se inicia a información pública do proxecto da nova senda peonil e ciclista na AC-550 que conta cun investimento de máis de 1,6 M€
A delegada da Xunta destacou que se trata dun proxecto estratéxico para reforzar a seguridade viaria e impulsar a mobilidade sostible conectando os núcleos de Noia, Taramancos e Boa