Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.667 novas da área temática Infraestruturas:

18/01/2025 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras para a urbanización do sector autonómico do Campus do Mar nas antigas instalacións da ETEA en Vigo

Esta actuación, na que a Xunta vai investir 4,8M€, terá un prazo de execución estimado de 15 meses, polo que se espera que a mediados do 2026 estea rematada

17/01/2025 | 14:21 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade e o alcalde da Lama abordan as necesidades de reforma do centro de saúde municipal

Os técnicos de obras da Consellería visitarán o equipamento sanitario xunto con responsables do Concello para avaliar o alcance da actuación precisa, como paso previo a determinar o orzamento necesario e os termos de financiamento

16/01/2025 | 14:49 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de case 114.000 € na mellora de infraestruturas rurais de Brión entre 2023 e 2025

A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que serven para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas

16/01/2025 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria para xaneiro e marzo dos actos expropiatorios para a restitución da vía LU-651 en Folgoso do Courel

Esta actuación conta cun investimento de 5,2 M€ e céntrase nas obras para a reposición definitiva da LU-651 afectada polo afundimento, que agora dispón dun acceso provisional executado cun procedemento de emerxencia pola Xunta

16/01/2025 | 11:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000 € das obras de restauración do santuario da Peregrina

Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que afectan as fachadas

15/01/2025 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CEIP Vilaverde-Mourente conta cunha nova cuberta grazas ao investimento da Xunta de 48.000 euros

A nova cuberta de placas metálicas tipo sandwich substitúe a antiga de fibrocemento e mellora o illamento da zona de infantil

14/01/2025 | 20:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará a seguridade viaria dos peóns na estrada autonómica LU-530 en Castelo

O delegado territorial reuniuse esta tarde cos veciños para presentarlles o conxunto de actuacións previstas, que inclúen unha senda peonil, dous novos pasos de peóns e o reforzo da sinalización

14/01/2025 | 17:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/01/2025 | 17:25 | C. de Economía e Industria

Xunta e Concello de Ames avanzan no futuro desenvolvemento de novo solo industrial

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo un encontro co alcalde do municipio, Blas García, no que aproveitou para explicarlle as novas medidas de aceleración de solo industrial impulsadas polo Goberno galego

14/01/2025 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca un investimento de 20 M€ en obras nos centros educativos do Salnés ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica

Máis de medio cento de actuacións están rematadas ou en marcha, cun investimento de máis de 15M€ e xa hai outras cinco comprometidas por case outros 5M€