Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.667 novas da área temática Infraestruturas:

05/01/2025 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 3,5 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas LU-113 e LU-530 ao seu paso polos concellos de Cospeito, Abadín, Lugo e Castroverde

Actuarase nunha lonxitude de 12,6 quilómetros da LU-113, no seu percorrido por Cospeito e Abadín; e nun total de 16,4 quilómetros da LU-530, en Lugo e Castroverde

04/01/2025 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia

02/01/2025 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en xaneiro e marzo os actos expropiatorios para a mellora da drenaxe das estradas autonómicas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo

A  intervención conta cun investimento de 465.000 euros, sendo o obxectivo resolver os problemas detectados na interconexión entre as redes de pluviais e fecais destas dúas vías autonómicas nos estudos do Plan de Saneamento local na ría de Arousa 

30/12/2024 | 15:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As axudas da Xunta para proxectos e actuacións que contribúan a mellorar a xestión dos residuos municipais poderán solicitarse a partir de mañá

Dotadas cun orzamento global de 15 M€, o ‘Diario Oficial de Galicia’ publica dúas ordes de subvencións para iniciativas impulsadas por entidades locais galegas e unha terceira liña dirixida a pemes, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro

30/12/2024 | 15:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova a imaxe exterior do centro de día para persoas maiores de Mondariz

Financiáronse con 21.000 euros a rehabilitación das fachadas do inmoble e o pintado das estancias interiores

30/12/2024 | 13:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca que o restablecemento completo do viaduto do Castro mellorará as conexións de Galicia coa meseta tras máis de 3 anos de obras

Asegura que se trata dunha infraestrutura moi importante “que vertebra España e une dúas comunidades irmáns”

30/12/2024 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para executar as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa

Esta intervención foi adxudicada por máis de 17,8M€ e a previsión é iniciar os traballos previos para a execución das novas instalación a finais de xaneiro, para iniciar a obra no mes de febreiro

29/12/2024 | 10:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita as primeiras 30 obras de mellora en centros educativos para 2025 cun investimento de máis de 15 M€

Grazas aos Orzamentos xa aprobados, a Consellería de Educación inicia a contratación destas actuacións que abranguen toda a xeografía galega