Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca no Foro do Noroeste a necesidade de respostas compartidas aos retos comúns de Galicia, Asturias e Castela e León
Fai fincapé na importancia dunha conectividade eficaz para o desenvolvemento do territorio, incluíndo a finalización da saída sur ferroviaria Vigo-Oporto.
Manuel Pardo informa do anuncio de licitación das obras na igrexa de Santa María a Real, en Entrimo, nas que a Xunta investirá preto de 330.000 euros
O delegado territorial explicou que esta actuación consistirá na restauración das fachadas para evitar a entrada de auga que na actualidade escorrega principalmente pola cara interior da fachada principal, ao final das naves no seu encontro co transepto, e na zona do baptisterio
Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento
Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti
A Casa da Cultura de Corvillón renovou a súa carpintería grazas a unha axuda da Xunta de 10.400 euros
O concello de Cambados tamén recibiu unha achega de máis de 4.000 euros para a realización de actividades de dinamización da lectura nas súas bibliotecas
A Xunta licita por máis de 472.000€ a redacción do proxecto para construír 58 vivendas públicas nos Rosais, no concello da Coruña
A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) licita este contrato para estas vivendas, que se construirán nunha das parcelas cedidas polo Concello
A Xunta pon en marcha un programa para facilitar ás entidades locais a posta a disposición de solo para a construción de vivenda protexida
O Goberno galego abre o prazo para que as administracións locais teñan a capacidade de sacar a concurso as parcelas da súa titularidade, para construír vivendas de protección autonómica, coa axuda do IGVS, a través desta nova ferramenta
A Xunta convoca a quinta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025 da Xunta, cunha dotación total de 35.000 euros
M. Allegue subliñou que estes galardóns buscan seguir a impulsar a excelencia da arquitectura galega “así como o talento, innovación e compromiso cun deseño de calidade que atesouran os nosos profesionais do sector”
A Xunta e Stellantis continuarán traballando conxuntamente para reforzar a competitividade das empresas provedoras do sector de automoción en Galicia
Destaca que o ecosistema de empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento que rodea a fábrica de Stellantis en Vigo son un valor engadido que convén seguir afianzando