Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca axudas para paliar os danos do xabaril nos cultivos agrícolas por un importe de 2 M€
No caso do lobo, o Goberno galego destina 0,9 M€ a compensar os danos producidos por esta especie nas explotacións gandeiras
Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que as comunidades poidan realizar accións de control puntual sobre esta especie
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques que provoca que algunhas explotacións xa sexan inviables
A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar á comunidade educativa sobre a reciclaxe de pilas
Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o vindeiro mes de maio
A Xunta constata unha diminución do impacto do uso recreativo e humano das praias sobre o éxito reprodutivo da píllara das dunas en Galicia
No marco do proxecto Iberalex a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático monitorizou ao longo deste ano un total de 124 niños desta especie repartidos entre 23 areais galegos e confirmou que 51 dos polos nacidos lograron voar
A Xunta recibe máis de 600 solicitudes para participar esta fin de semana no mercado do Tinglado en Vigo
Preto de 90 particulares ocuparán os expositores habilitados para vender os seus produtos repartidos en dúas xornadas, o sábado 21 de decembro e o domingo 22
Galicia activará un mercado voluntario de carbono en 2025 para que empresas e entidades poidan compensar as súas emisións con proxectos medioambientais
Cun investimento previsto de 6,8 M€ ata 2028, Ángeles Vázquez subliña que Galicia se aliña deste xeito cun dos principais acordos adoptados no Cumio do Clima de Bakú
A Xunta adxudica por 30,6 M€ a xestión integral do vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa
O contrato, cunha duración inicial de tres anos e prorrogable por outros dous, inclúe tamén a propia xestión das depuradoras de ósmose inversa, da planta de biogás, da planta de compostaxe e do mantemento postclausura das fases xa seladas
A Xunta traslada á Comisión de Peticións da UE a súa inquedanza ante a parálise eólica en Galicia a pesar do interese público superior das renovables en Europa
Ángeles Vázquez subliña que esta parálise está a dificultar o cumprimento por parte da Comunidade do reto de avanzar cara á descarbonización e á neutralidade climática a través do desenvolvemento de enerxías renovables
Ángeles Vázquez salienta que a proposta da Unión Europea para previr as perdas de pellets rebaixará nun 6% a contaminación por microplásticos
Cualifica como moi positivo o regulamento, no que se inclúe o transporte marítimo, polos beneficios ambientais, reputacionais e competitivos que suporá
Manuel Pardo anima a participar no concurso '#ParqueVibras' ao alumnado de secundaria creando vídeos para redes sociais inspirados no patrimonio natural galego
Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para toda a súa clase a un destes espazos protexidos