Actualidade
Buscador de novas
A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta estratéxica para o impulso do emprendemento e a remuda xeracional
José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a través de accións en orixe e sempre vencellado ao emprego
A Xunta anuncia a ampliación do prazo para inscribirse no programa ‘Xuventude Mentoring’ que facilita á xente moza a busca de emprego
A directora xeral de Xuventude salienta a importancia deste programa para mellorar as habilidades da mocidade á hora de enfrontarse ao mercado laboral
A Xunta confirma un investimento de 411.000 euros para renovar o obradoiro dual ‘Granxa da Rúa’ e formar a persoas desempregadas en Cangas
A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á clausura da última edición do curso que promove Cangas con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Remata o programa integral de emprego de Palas de Rei e outros seis concellos con máis do 50% dos participantes empregados
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na clausura do plan, que contou cun investimento de 220.000 euros da Xunta
A Xunta investirá arredor de 43 M€ en formar preto de 2.000 persoas desocupadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as resolucións para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 36 millóns de euros) e de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns)
Lorenzana avoga por mesturar innovación e sustentabilidade para impulsar a competitividade do tecido empresarial
Louva o traballo de Birmind que soubo ver “as posibilidades infinitas da economía circular e fixo diso o seu modelo de negocio”
A Xunta avoga pola colaboración cos axentes privados para potenciar a eficacia do Servizo Público de Emprego a través de ferramentas como EMi, premiada en Bruxelas
O obxectivo da reunión de hoxe coas ETT é que coñezan as potencialidades deste software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea e dispoñible nas 54 oficinas de emprego galegas para casar oferta e demanda laboral co apoio da IA
A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando polo diálogo social
José González manifestou a preocupación polo futuro dos traballadores afectados en Galicia e reclamou unha maior información por parte do Goberno central, quen ten as competencias exclusivas na tramitación deste expediente