Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de 2 vivendas en alugueiro accesible para menores de 36 anos no barrio histórico de Betanzos
A Comisión Provincial de Vivenda da Coruña deu conta do sorteo público que se celebrará o 16 de maio entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia
A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Samos para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe á alcaldesa do municipio lucense, María Jesús López
Lorenzana destaca que o sector da automoción vai atopar moitas oportunidades na estratexia de defensa e seguridade que prepara a Xunta de Galicia
Avanza que o obxectivo é “transformar, evolucionar unha iniciativa exclusivamente espacial e no ámbito civil a unha iniciativa que pode traccionar outras industrias, particularmente, da automoción e do naval”
A Xunta acada o 67% da 1ª fase do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, que inclúe a construción de dous novos edificios anexos ao Hospital Arquitecto Marcide
O investimento desta primeira fase da ampliación do CHUF supera os 60M€ e a estimación apunta que os edificios Leste e Sur do Marcide estarán finalizados no 2026
A Xunta colabora na humanización da praza da Igrexa no núcleo rural de Rairiz de Veiga
O investimento total das intervencións rolda os 137.000€, dos que a Xunta financia o 70%
A Xunta licita por preto de 200.000 euros o mantemento de arcos cirúrxicos de alta tecnoloxía na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
O Servizo Galego de Saúde busca garantir a precisión e calidade da imaxe médica, esencial para procedementos intervencionistas e cirúrxicos de especialidades como traumatoloxía, cirurxía vascular e cardioloxía