Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.140 novas da área temática Sanidade:

13/06/2025 | 20:04 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a traxectoria e compromiso exemplar do doutor González Quintela no seu ingreso na Real Academia de Medicina de Galicia

A traxectoria do doutor González Quintela destaca polo seu labor como internista e docente na USC, contando cunha ampla experiencia en investigación e formación médica

13/06/2025 | 18:08 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza a creación dun proceso asistencial integrado de atención primaria ás demencias antes de finais de ano

Entre os obxectivos, destaca a axilización da comunicación entre a atención primaria e hospitalaria ante unha sospeita diagnóstica

13/06/2025 | 17:45 | C. de Sanidade
13/06/2025 | 14:15 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde difunde nos centros sanitarios os recursos para abordar disfuncións do solo pelviano, unha prestación única en España que xa beneficiou a máis de 20.000 mulleres

Galicia puxo en marcha en 2017 de forma pioneira un programa estruturado de abordaxe das disfuncións do solo pelviano feminino en atención primaria

13/06/2025 | 14:13 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca que a vía rápida do melanoma do Servizo Galego de Saúde permite dispor dun diagnóstico en menos de oito días

O conselleiro destacou que a vía rápida do melanoma deu un primeiro diagnóstico a máis de 1.500 pacientes durante o pasado ano 2024

13/06/2025 | 12:57 | C. de Sanidade

A Xunta percorrerá 223 concellos coa campaña 'Non esquezas doar antes de veranear' para garantir as reservas de sangue na época estival, na que se precisan 27.000 doazóns

As unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) realizarán 800 desprazamentos durante o 1 de xuño e o 15 de setembro para dar resposta ás necesidades dos hospitais galegos

13/06/2025 | 12:38 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a efectividade dos tratamentos fronte á Hepatite C con preto de 10.000 pacientes tratados desde 2015 e o fito de que Galicia adiante 4 anos o prazo para atallar a enfermidade

Sinala o carácter pioneiro do Plan estratéxico galego implantado en 2015 e que, no uso de antivirais de acción directo, ten unha porcentaxe de efectividade superior ao 97%

12/06/2025 | 21:04 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Fabiola García avanza que o Espazo de igualdade e os Puntos lila e arco iris percorrerán os oito festivais de maior afluencia de público de Galicia

A Xunta tamén porá este servizo a disposición dos asistentes ao Resurrection Fest, o Portamérica, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Atlantic Fest, o Morriña Fest, o Río Verbena e o Caudal Fest

12/06/2025 | 14:52 | C. de Sanidade

A Xunta salienta que a construción do novo hospital materno infantil de Ourense permitirá contar cunhas instalacións modernas, funcionais e unificar todos os seus servizos

A nova infraestrutura sanitaria permite unha mellora de espazos e unha simplificación de conexións, fronte á reforma inicialmente prevista, garantindo maior proxección de futuro