Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa, no marco do episodio de calor que está a afectar a Galicia, que aumentan a nivel 3 as zonas interior de Pontevedra e sur de Ourense
Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior ata as 21,00 horas de hoxe en toda a provincia de Ourense, así como en concellos da montaña de Lugo e do interior de Pontevedra
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pide extremar as precaucións para previr accidentes de tractor nas tarefas agrícolas
Os sinistros provocados por carencias técnicas ou do mantemento do vehículo, condicións meteorolóxicas e do terreo adversas, entre outras, converten os accidentes de tractor nunha das principais causas de sinistralidade e mortalidade no campo
Rueda subliña o compromiso da Xunta por situar Galicia á vangarda dos tratamentos oncolóxicos
Lembra que a loita contra o cancro é unha das prioridades do Goberno galego, que investiu arredor de 120 M€ en alta tecnoloxía para combater a enfermidade
Sanidade fai unha serie de recomendacións á cidadanía por mor do incendio dunha nave de produtos fitosanitarios en Vilagarcía de Arousa
As persoas que teñen maior risco son os bebés e os nenos e nenas, as embarazadas, as persoas maiores de 65 anos e as que teñen enfermidades respiratorias ou cardíacas
A Xunta agarda un incremento das temperaturas para mañá domingo en diversas zonas no marco do episodio de calor que está a afectar a Galicia
Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior ata as 21,00 horas de hoxe en concellos de Lugo, Ourense e Pontevedra
A Xunta renova a colaboración coa Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia para apoiar actividades de estudo e investigación en ciencias médicas
O convenio supón un apoio económico da Xunta de 30.000 euros e terá vixencia ata o 31 de decembro
A Xunta licita a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Becerreá, no que investirá máis de 3,2 M€
O novo centro de saúde superará os 2.000 m2 de superficie e contará con 3 consultas de medicina, 3 consultas de enfermería, 1 sala polivalente e diferentes salas técnicas e de toma de mostras
O Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Educadoras e Educadores de Galicia colaborarán para a posta en funcionamento do Proxecto Aloumiños, de prevención da soidade non desexada
Para levar a cabo esta iniciativa, o departamento sanitario galego investirá 127.000 euros
A Xunta convoca 50 prazas do curso de diplomado en saúde pública, con acreditación a nivel nacional
O Diario Oficial de Galicia publica as bases da convocatoria de 275 horas de formación especializada
A Xunta sitúa en nivel laranxa a alerta por episodio de calor en zonas de Ourense e o interior de Pontevedra
Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior na xornada de hoxe en concellos de Ourense e do interior de Pontevedra, excepto as actividades acuáticas que se recomenda non realizar nas horas centrais do día