Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.047 novas da área temática Infraestruturas:

03/06/2025 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 2,8 M€ as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao Seminario

Actuarase en trece rúas e avenidas integradas na trama urbana da cidade, que suman trece quilómetros de lonxitude, para rehabilitar o firme da calzada e reparar as beirarrúas que o precisen

02/06/2025 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 60.000 euros na pavimentación dos camiños da Cernada e Abelleira, no concello das Neves

O Plan Marco deste ano deixou na comarca do Condado-Paradanta máis de 450.000 euros

01/06/2025 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Consello Galego de Seguridade industrial como canle de comunicación coas empresas

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado

01/06/2025 | 10:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-113 ao seu paso polos concellos de Cospeito e Abadín

Esta intervención, forma parte dun contrato máis amplo, licitado por un investimento global de case 3,6M€, no que se inclúen tamén actuacións de mellora do firme na LU-530, ao seu paso polos concellos de Lugo e de Castroverde

31/05/2025 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta eleva a máis de 3,5 M€ o orzamento para ampliar o instituto Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín

O conselleiro de Educación presenta o proxecto desta obra, que o seu departamento licitará a finais do mes de xuño

30/05/2025 | 14:50 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o impulso da Xunta ao turismo náutico con máis de 3 M€ para a mellora de infraestruturas en portos

Presentou en Baiona a regata 52 Super Series que se desenvolverá na vila pontevedresa da man do Monte Real Club de Iates

30/05/2025 | 13:50 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Lugo acadan un acordo para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, que suporá un investimento de máis de 4,8 M€

Ambas as administracións cuantificarán o custo dos accesos e da urbanización da parcela do antigo colexio para determinar o que debe financiar cada parte, tendo en conta as necesarias demolicións, estimadas en 1,8 millóns

30/05/2025 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na senda peonil entre Mollavao e os Praceres en Pontevedra, na que inviste 6,2 M€

A actuación consiste nun itinerario peonil de 3,5 quilómetros, seguindo a estrada vella a Marín, e a previsión da Administración autonómica é finalizala no 2026