Actualidade
Buscador de novas
Galicia esixe ao Goberno central lealdade institucional na adopción de medidas
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou no Consello Consultivo de Política Pesqueira e Agrícola para Asuntos Comunitarios, onde afeou a Madrid que responda cunha comisión de estudo "centralista" que move cero euros en apoios directos
A Xunta destaca o papel da intelixencia artificial na modernización de Xustiza
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da ‘XXVIII Escola de Verán do Poder Xudicial’, centrada nesta edición no impacto da intelixencia artificial na Administración de Xustiza
A Xunta destaca a calidade diferenciada como ferramenta para impulsar o Pemento da Arnoia e o desenvolvemento do rural galego
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural participou en Madrid na presentación da 47ª Festa do Pemento da Arnoia, que se celebrará os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto
Medio Rural urxe ao Ministerio avances nas negociacións ante a Unión Europea para aplicar produtos fitosanitarios con drons
Así o trasladou a conselleira María José Gómez na reunión da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural celebrada hoxe de xeito telemático
Medio Rural detecta casos de lingua azul dos serotipos 3 e 8 en explotacións bovinas da Coruña
Trátanse dos primeiros animais confirmados por esta enfermidade no 2026 desde a finalización en abril do período invernal de circulación do vector transmisor
Lara Meneses salienta o apoio da Xunta para facilitar á mocidade con máis dificultades o acceso ao traballo ou ampliar a súa formación
A directora xeral de Xuventude visita estes días en Lucca e Milán a participantes do programa ‘Galicia Moza con Alma’ que realizan prácticas formativas neste país
Belén do Campo mantén un encontro con representantes da asociación “Negreira Viva” para coñecer o labor que desenvolve na dinamización cultural e turística do municipio
A representante do Goberno autonómico puxo en valor o traballo do colectivo na organización do Entroido do Verán do Cristobaliño, unha cita que cada ano reúne a centos de persoas e contribúe á promoción de Negreira
A Xunta activa mañá mércores a alerta laranxa por episodio de calor na montaña de Lugo
Permanecerán en nivel amarelo as zonas isoclimáticas centro de Lugo e interior de Pontevedra
Lorenzana anuncia que a finais deste ano licitaranse as obras de construción do novo polígono de Ribeira
Serán case 260.000 m² de solo industrial que están dentro dos máis de 3,5 millóns de m² que a Xunta está a tramitar na provincia da Coruña
Allegue avanza que a Xunta ampliará en 2 M€ as axudas á compra de vivenda protexida e pide á Cámara consenso para reclamar un Plan Estatal acorde ás necesidades de Galicia
Sinalou que mentres o II Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 da Xunta está operativo desde o 1 de xaneiro e permitiu convocar todos os programas autonómicos, os fondos do Plan Estatal de Vivenda, a 7 de xullo, non chegaron a ningunha comunidade