Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 35 novas da área temática Clima:

05/09/2026 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para esta tarde alerta laranxa por tormentas no centro e na zona de montaña da provincia de Lugo

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

02/09/2026 | 17:28 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra

As zonas do centro de Lugo, do interior da Coruña e da montaña de Ourense estarán en alerta laranxa

02/09/2026 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a importancia dos espazos verdes e das zonas húmidas para as políticas de adaptación dos concellos ao cambio climático

Ángeles Vázquez destaca que, grazas a unha achega da Xunta de 38.500 € que cubrirá o 80% do custo da actuación, o Concello está a acometer un proxecto de restauración ecolóxica e posta en valor desta lagoa, integrada no complexo húmido da Terra Chá

02/09/2026 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na posta en marcha do Sistema voluntario de créditos de carbono coa adxudicación do contrato da súa plataforma tecnolóxica

A previsión é que estea operativa este ano convertendo Galicia na primeira comunidade en contar cun mercado destas características que se apoia en tecnoloxías avanzadas para garantir a seguridade, a trazabilidade e o seguimento das operacións

30/08/2026 | 15:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos asistentes do Festival de la Luz a actuar de xeito respectuoso co medio ambiente e levar as prácticas sostibles a todos os campos do día a día

Ángeles Vázquez participa nas actividades de ‘Van polo Clima’ que busca sensibilizar á mocidade sobre os retos ante o quecemento global nun ambiente lúdico e festivo

26/08/2026 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez e do río Anllóns e Costa da Coruña e conserva medidas equivalentes en Baiona

Os técnicos manteñen estes escenarios ante a persistencia de indicadores de escaseza en valores baixos 

19/08/2026 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina case 60.000 € á construción dunha fonte transitable na Laracha que actuará como refuxio climático en pleno centro urbano

A intervención, cuxo custo cubrirá nun 80% a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, permitirá habilitar un novo espazo público destinado a mitigar o efecto illa de calor mediante a instalación dunha fonte con chorros de auga emerxentes

11/08/2026 | 18:02 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo entrega os lentes aos usuarios da residencia Torrente Ballester para que poidan seguir a eclipse total con seguridade

A delegada da Xunta lembrou que desde onte xa se pode consultar a predicción específica de MeteoGalicia para o mércores 12 de agosto, con información por horas e para cada concello galego

11/08/2026 | 12:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta declara a alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez e do río Anllóns e Costa da Coruña e decreta medidas equivalentes en Baiona

Os técnicos toman esta decisión ante o descenso continuo e notable dos caudais circulantes nas tres zonas, que levan máis de dous meses con indicadores baixos