A Xunta impulsa a segunda edición 'O teu Xacobeo' con 16 proxectos nos concellos da provincia da Coruña que contarán con axudas de máis de 180.000 €
Trenor informou dos actos desta convocatoria nos concellos e subliñou que representan o carácter participativo, descentralizado e sustentable do Ano Santo
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou da resolución da segunda edición O Teu Xacobeo para os concellos a través da cal se apoiarán 16 proxectos na provincia con axudas que ascenden a máis de 180.000€.
Trenor subliñou que O Teu Xacobeo “representa o carácter participativo, descentralizado e sustentable dun Ano Santo no que a cidadanía é a protagonista, xa que son os encargados de difundir os valores do Camiño de Santiago por toda Galicia”.
O representante do Goberno autonómico informou da primeira liña de axudas destinada a proxectos formulados por entidades locais. A meirande parte destas iniciativas permitirán mobilizar recursos locais, fomentarán a innovación e o uso das TIC e farán especial énfase na promoción de artistas ou creadores galegos.
Nos proxectos subvencionados nas liñas 2 e 3, é dicir, os dirixidos a empresas e a entidades sen ánimo de lucro, hai 38 que afectan a máis dunha provincia (27) ou a toda Galicia (11). Na súa maioría son iniciativas tuteladas por fundacións ou universidades que fan referencia a diferentes rutas ou camiños, proxectos dirixidos a centros educativos ou actuacións no patrimonio que abranguen varias provincias ou a totalidade da comunidade galega. Mesmo hai unha actuación que comparte a provincia de Lugo coas comunidades autónomas de Asturias e Cantabria.
O Teu Xacobeo
Na súa segunda fase, o programa O Teu Xacobeo pretende dinamizar os concellos que forma parte da Vía da Prata-Camiño do Sueste achegando un impulso ao diálogo entre a totalidade dos concellos polos que pasa o Camiño. Deste xeito, apóstase por darlle voz á poboación máis nova para que sexa esta a encargada de recompilar as historias e experiencias que se xeran ao longo da Ruta Xacobea.
A segunda edición do programa O Teu Xacobeo permitirá desenvolver un total de 220 propostas orientadas a dinamizar a programación sociocultural do Xacobeo 2021-22, destinando un investimento de case 3,3 millóns de euros en toda Galicia. Trala resolución da concesión, os beneficiarios veñen de comezar a desenvolver os seus proxectos para o que contan de prazo ata o vindeiro mes de setembro, trala concesión dun adiamento por mor da covid-19 co obxectivo de que poidan dispor de máis tempo para levar adiante os proxectos propostos.
Esta segunda edición volveu resultar un éxito de convocatoria, con case un milleiro de proxectos presentados, que permitirán mobilizar un orzamento de 5,8 millóns de euros.
O resultado é unha programación sociocultural que está a contribuír na promoción de Galicia e, especialmente, do Xacobeo 2021, a través dun impulso descentralizador e plural que permite o desenvolvemento de actividades en todo o territorio galego.
PROXECTOS CONCELLOS POR COMARCAS
SOLICITANTE | DESCRICIÓN PROXECTO | Axuda |
Concello de Boqueixón | Ciclo Cultural “Un Mes e Pico- Arqueoloxía do Pico Sacro e Cultura Xacobea” | 10.398,68 € |
Concello de Teo | Sentir Teo no Camiño (audioguía) | 6.806,25 € |
Concello de Ordes | Carreira popular e andaina Coñece o teu Camiño | 1.297,80 € |
Concello da Baña | Lembranzas, unha peregrinaxe polos recordos | 5.700,00 € |
Concello de Vedra | Vedra, Camiño Xacobeo | 15.000,00 € |
Concello de Melide | A Nosa Identidade, A Nosa Riqueza. Furelos No Camiño | 7.200,00 € |
Concello de Padron | Aupa - Xacobeo 2021 (arte urbana en Padrón) | 15.000,00 € |
TOTAL SANTIAGO | 61.402€ | |
Concello de Vimianzo | Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira | 12.000,00 € |
TOTAL COSTA MORTE | 12.000€ | |
Concello de Cambre | Camiño da Arte | 22.500,00 € |
Concello de Miño | Musica en Camiño | 14.220,00 € |
TOTAL CORUÑA | 36.720€ | |
Concello de Fene | Viñetas do Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra | 16.067,40 € |
TOTAL FERROL | 16.067,40 € | |
Concello de Riveira | Ribeira fai Camiño | 9.275,31 € |
Concello de Noia | Jazz ibérico e universal desde Noia, desde Galicia | 18.413,10 € |
Concello de Boiro | Boiro no Camiño, gastromonia e música na orixe | 16.687,31 € |
Concello de Carnota | Dugiumart | 4.093,98 € |
Concello de Muros | I Encontro “A muller nos Oficios do mar” e montaxe dunha exposición permanente na conserveira de Sel | 9.835,80 € |
TOTAL BARBANZA | 58.305€ | |