A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á apertura deste novo servizo para a mocidade do concello

O Espazo Xove de Curtis inaugura a súa nova biblioteca

A Xunta de Galicia investiu preto de 20.000 euros en acondicionar esta instalación

Curtis (A Coruña), 21 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

  A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, inaugurou esta mañá a nova biblioteca do Espazo Xove de Curtis, que achegará un servizo de gran utilidade para as mozas e mozos deste concello coruñés.

 

A Xunta de Galicia investiu preto de 20.000 euros na posta en marcha deste servizo. Esta achega, súmase a outros 15.000 euros que desde o comezo de 2021 se utilizaron para ofrecer á xuventude un espazo de ocio seguro e responsable.

 

Entre as melloras que fixo a Administración autonómica no inmoble encóntrase a mellora de diferentes aulas de estudo, a substitucións dos canos do tellado, a compra de cadeiras, sofás e outros mobles. Tamén, atendendo ás demandas dos usuarios das instalacións, se adquiriron diferentes xogos como un futbolín, unha mesa de ping pong, un billar, xogos de mesa e unha videoconsola. Así mesmo, o Goberno galego mantivo no verán unha programación de actividades para que, ademais de fomentar o lecer, tamén impulsara a conciliacións das familias.

 

O de Curtis é un dos 12 Espazos Xove da Xunta de Galicia. Todos eles ofrecen un conxunto de actividades e servizos accesibles a todas as mozas e mozos das contornas nas que se atopan. De feito, este ano tamén se celebraron obradoiros ou iniciativas como a Feira Primavera Xove

 

Imaxes relacionadas