Arias visita o mercado 'Petiscos de Nadal', que se celebra hoxe en Taboada co apoio da Xunta

Taboada (Lugo), 17 de decembro de 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na apertura do mercado Petiscos de Nadal, que se celebra na Praza de Riazón de Taobada e conta co apoio da Xunta de Galicia.

Arias felicitou á Asociación de comerciantes e industriais do municipio e ao concello pola iniciativa, que cumpre a súa segunda edición e oferta postos de venda con produtos da Ribeira Sacra e actuacións culturais. Precisamente ás 19.00 horas actuarán Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, co patrocinio da Xunta. Ao longo da xornada haberá tamén outros espectáculos de maxia, música e artesanía ou unha firma de libros da escritora Ana Vila Portomeñe.

Ademais, desde o venres e ata mañá domingo celebrarase o concurso de tapas entre os establecementos de hostalería de Taboada.

Imaxes relacionadas