28/07/22 | 11:25 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo destaca a calidade do balonmán galego con equipos nas máximas categorías a nivel nacional
O vicepresidente segundo da Xunta recibiu esta mañá o Club Cisne Balonmán que a próxima tempada competirá na Liga Asobal, o que supón o seu segundo ascenso nos dous últimos anos
Puxo en valor o traballo do club para fomentar o deporte base e inculcar os valores do deporte ás xeracións máis novas
O Cisne Balonmán colabora nalgunhas actividades relacionadas con este deporte no marco do Plan Corresponsables co que a Xunta favorece a conciliación na época estival a través de actividades deportivas para nenos e nenas