23/11/22 | 12:51 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; C. de Facenda e Administración Pública A Xunta de Galicia salienta que a implicación dos empregados públicos coa innovación permite ofrecer un servizo máis accesible e de máis calidade á cidadanía
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron na entrega do IV Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
Francisco Conde destaca o talento dos gañadores e finalistas, aos que agradece o seu sentido da responsabilidade, o seu compromiso e a súa iniciativa
Miguel Corgos afirma que unha das prioridades do Goberno galego é que a Administración autonómica sexa cada vez máis moderna e innovadora
Na categoría de identificación de oportunidades resultou gañadora unha proposta para a optimización enerxética presentada por Roberto Vieito, da Axencia Galega de Innovación
No apartado de temática innovadora o premio foi para a proposta Mestres Gandeiros, presentada por Encarnación Nieto e Pablo Amenedo, do Instituto de Estudos do Territorio; e José Marcial Díaz Manso, do Fondo Galego de Garantía Agraria