25/11/22 | 12:59 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Gabriel Alén subliña que poñer fin á violencia contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable e prioritario
O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”
O proxecto EnRedes enmárcase -sinalou Gabriel Alén- dentro das actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, apoiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia
Neste proxecto encabezado pola Federación de ANPAs de colexios privados e concertados de Ourense participaron máis de 400 alumnos e alumnas, impartíronse 8 charlas informativas e o manual didáctico foi remitido as ANPAs asociadas dos 12 centros educativos que imparten o ciclo da ESO
O delegado territorial participou tamén no acto de lectura da Declaración Institucional do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se desenvolveu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense