16/11/22 | 15:01 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Román Rodríguez avanza un novo aumento do orzamento para comedores escolares e as liñas do Plan de mellora enerxética para facer fronte á inflación
A Consellería fixa un incremento adicional do 5% de achegas aos centros para a compra de alimentos nos comedores de xestión directa que se suma ao outro 5% aumentado xa a finais do pasado curso
Esta suba acumulada do 10% supón un investimento adicional de 2M€ neste ano, aos que hai que engadir o aumento dun 30% na partida destinada ás anpas para a xestión deste servizo complementario
O titular de Educación destaca que as medidas de apoio implementadas pola Xunta permite “blindar ás familias ante a escalada de prezos, xa que van seguir pagando o mesmo polo comedor dos seus fillos independentemente do custo real do servizo”
No que atinxe a mellora enerxética, continuarase coas intervencións arquitectónicas nos centros para acadar unha maior eficiencia, a instalación de centrais de biomasa e a optimización de consumos, entre outros