Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/09/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega os diplomas aos 20 traballadores que se formaron no obradoiro de emprego Santa Isabel

Foi promovido polos concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito e financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 347.000 euros

21/09/21 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba 61 cursos de acción formativa para desempregados nas bisbarras de Pontevedra e Caldas cun investimento de 2,5 M€

O delegado territorial, Luis López, informa desta resolución da Consellería de Emprego e Igualdade nunha visita ás instalacións de Serviocio BeOne Campolongo, que impartirá nove cursos cunha achega de case 300.000€

21/09/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca o labor dos Colexios Rurais Agrupados (CRAs)

O delegado territorial subliñou os investimentos da Xunta de preto de 163.000 euros nestes centros educativos de Ribadavia e Monterrei

21/09/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento

21/09/21 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a potencialidade de Galicia como escenario para o deporte de aventura e para o turismo deportivo e de natureza

Na presentación da Raid Gallaecia Adventure Racing World, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, salientou a importancia do campionato mundial como escaparate de Galicia e do Camiño de Santiago e como modelo de turismo de calidade, sostible, desestacionalizado e diferenciado

21/09/21 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou este ano 2,5M€ a apoiar melloras de 173 asociacións de veciños da Comunidade

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron a asociación veciñal, cultural e deportiva Monte da Mina de Castrelos, que este ano recibiu apoio da Xunta para reparar a cuberta do seu local social no marco das axudas do Plan de acción comunitaria

20/09/21 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aspira a xestionar preto de 28 millóns de euros de fondos europeos extraordinarios para a reactivación do turismo en Galicia

A candidatura galega aos fondos Next Generation, presentada hoxe, integra seis actuacións a tres anos

20/09/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Fiscalía Superior de Galicia acordan artellar unha colaboración para o acceso dos fiscais ás bases de datos do Goberno galego en materia de menores

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta da Fiscalía

20/09/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o inicio das obras de mellora da seguridade do Camiño de Fisterra en Negreira, unha das 11 actuacións que se executarán este ano nas estradas da Xunta coincidentes con esta ruta xacobea

O delegado da Xunta salientou que as obras previstas no Camiño de Fisterra en Ames e en Negreira suporán un investimento de máis de 63.000 euros

20/09/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola dinamización turística da provincia de Ourense a través do turismo deportivo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación do Trail do Xurés, que se disputará en Muiños este sábado