Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/11/22 | 16:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inaugura unha formación para os promotores das Casas do Maior

Unhas 40 persoas recibirán un curso integral para poder desenvolver o servizo con todas as garantías

18/11/22 | 16:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/11/22 | 16:42

Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta de Galicia co fomento do emprego feminino

O delegado territorial destacou que na provincia de Ourense resultaron beneficiadas 67 emprendedoras, que cun investimento de 831.000 euros crearon un total de 115 postos de traballo indefinidos, 69 por conta propia e 46 por conta allea

18/11/22 | 16:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta polo acollemento familiar como mellor garante da protección da infancia

Os orzamentos da Xunta para o ano 2023 inclúen a aprobación do primeiro Plan de Impulso do Acollemento Familiar de Galicia e un incremento do 20% das axudas que reciben as familias para a manutención dos nenos
 

18/11/22 | 15:45

Galicia asume o compromiso europeo de reducir as emisións nun 57% en 2030 e avanzar cara a unha comunidade neutra, verde e resiliente

Ángeles Vázquez valora o compromiso dos concellos para implementar medidas correctas e eficaces para afrontar o reto que supón o cambio climático

18/11/22 | 15:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta reedita o compromiso coa atención á discapacidade, á que se destinarán 165 M€ no 2023, o maior orzamento da súa historia

Desde o ano 2009 aumentou un 30% o número de prazas públicas de atención diúrna ou residencial e multiplicouse por 13 o número de concellos que contan con unidades de atención temperá

18/11/22 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa que a Xunta financiará con máis de 9,1 M€ máis de 79 cursos de formación para persoas sen emprego na área de Santiago

Na comarca de Santiago impartiranse 63 cursos AFD, 8 plans integrados de emprego e 8 obradoiros de emprego

18/11/22 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta agarda que o concello da Coruña traslade un apoio claro á iniciativa da senda litoral coa pasarela de Oza a Santa Cristina, na que o Goberno galego quere investir 8 M€

Francisco Menéndez remarca a necesidade dun pronunciamento áxil por parte do Concello da Coruña, dado que a actuación está condicionada aos prazos fixados no programa ‘Nex Generation UE’

18/11/22 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a contribución dos premiados cos galardóns ao desenvolvemento rural por facer do agro un medio máis atractivo para vivir e traballar

José González amosou o seu “orgullo rural” por ver que cada ano se presentan propostas novas, algo que identificou como “un signo de que realmente existe un desenvolvemento rural na nosa comunidade”