Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/11/22 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre novas convocatorias para estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co programa ‘Iacobus’

A iniciativa diríxese a persoal docente e investigador, investigadores pre e posdoutorais, e persoal de administración e servizos das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión

18/11/22 | 21:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a importancia dos emprendedores galegos que desprenden talento, iniciativa e confianza ante a actual incerteza

Subliña que os Orzamentos de 2023, que serán aprobados en tempo e forma grazas á estabilidade, incluirán máis de 8,5 M€ para apoiar o sector vitivinícola

18/11/22 | 21:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia fomenta a incorporación dos oficios artesanais entre os novos talentos da moda

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou o premio á Mellor colección con valor artesanal durante o desfile Debut 22 que se celebrou esta tarde en Pontevedra

18/11/22 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia as ‘Xornadas Florenciófilas’, que pechan en Valdeorras o ano das Letras dedicado á figura de Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura deste simposio que reunirá na comarca unha ducia de personalidades da cultura galega desde hoxe ata o domingo 20

18/11/22 | 18:45 | C. do Medio Rural

A Xunta definirá as paisaxes cortalumes e en mosaico na futura Lei de loita integral contra os incendios forestais para avanzar na prevención

Segundo José González, as paisaxes cortalumes buscarán a xeración de descontinuidades na biomasa con vocación produtiva, mentres as paisaxes en mosaico permitirán diminuír o risco de grandes incendios en áreas cun alto grao de abandono

18/11/22 | 18:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva investidos máis de 650.000€ na rehabilitación do colexio do Cardeal de Monforte desde o inicio da declaración de Ben de Interese Cultural

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, explica na xornada ‘Un exemplo de educación patrimonial’ que a Consellería de Cultura impulsou nos últimos anos unha ducia de actuacións na igrexa, claustro e zonas de visitas

18/11/22 | 17:36 | C. de Sanidade

A Estratexia de Xestión do Cancro en Galicia aprobada pola Xunta implantará un novo programa asistencial de seguimento para as persoas que finalizan un tratamento oncolóxico

O conselleiro de Sanidade destacou a importancia da detección precoz no II Congreso de Persoas con Cancro e Familiares