Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O avance nas obras de conservación da Ponte Ceilán obrigarán ao corte de carril entre o luns e o venres desta vindeira semana
É preciso demoler parte da beirarrúa actual para a formación dunha gabia na que se executará a cimentación da nova varanda que se instalará na ponte
Galicia mellora a atención ás enfermidades raras coa incorporación de tres patoloxías máis ao Programa Galego de Cribado Neonatal
A Atrofia Medular Espinal (AME), a Inmunodeficiencia Combinada Grave (IDGC) e a Hiperplasia suprarrenal conxénita pasarán a formar parte do Plan Galego de Cribado Neonatal
Galicia rexistra un total de 1.885 casos activos por coronavirus
Un total de 679.949 pacientes xa están curados
A Xunta activa unha nova liña de apoios para facer dos clústeres emerxentes impulsores da innovación e o desenvolvemento sostible entre o tecido empresarial
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 15 de decembro e as axudas céntranse na posta en marcha de plans estratéxicos e proxectos orientados ao fomento da dixitalización, a innovación e a internacionalización que dean soporte ao papel dinamizador que os clústeres teñen na actividade económica de Galicia
A Xunta contribúe á difusión internacional do cinema galego en 22 festivais e mercados de sete países
A Consellería de Cultura achega case 35.000 euros a unha vintena de produtoras para a promoción dos seus traballos en mostras e encontros profesionais como a Berlinale, o Bafici de Bos Aires, o festival de Nova York ou o Mipcom de Cannes
O INE confirma que Galicia gaña poboación no primeiro semestre de 2022, grazas ao saldo migratorio positivo en 12.768 persoas
O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos provisionais relativos ao primeiro semestre de 2022, que indican que o saldo migratorio foi positivo co exterior en 12.106 persoas e tamén positivo en 622 co resto de CCAA.
A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que suporán un investimento de 72,8 M€
Das ofertas presentadas a esta actuación, 4 delas están conformadas por UTE, que engloban un total de 10 empresas
Román Rodríguez gaba a vocación e entrega dos docentes para fomentar a integración, creatividade e innovación en idades temperás
Destaca a implicación crecente dos profesores galegos en ampliar os seus coñecementos en ámbitos como a dixitalización e innovación educativa
A vindeira semana terán lugar en Santiago as catas dos meles e dos queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores
Celebraranse do 23 ao 25 de novembro no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, cun panel integrado por 19 catadores profesionais versados no sector
Os Premios Economía Azul entregarán na súa terceira edición un premio especial ao proxecto Plancton de Afundación Obra Social Abanca
O galardón recoñecerá a relevancia dunha iniciativa allea aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), desenvolvida en 2021 por Afundación, que permitiu retirar dos areais e fondos mariños galegos preto de 19 toneladas de residuos