Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta abre a segunda convocatoria do programa ‘Territorio Cultura’, que eleva a preto de 1,3 M€ o investimento na dinamización do rural galego
O DOG publica as bases desta nova quenda de axudas, dotada con 661.000€ para continuar ampliando a oferta e o tecido culturais en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 hab/km2
A Xunta lanza a cuarta edición do programa educativo Escola Verde para fomentar actitudes responsables co medio ambiente entre a comunidade escolar
No curso 2022-2023 participan nove centros educativos, dos cales seis cooperan por primeira vez, mentres que o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro (Barbadás), CEIP Plurilingüe A Ramallosa (Teo) e o IES de Valga (Valga) repiten experiencia
A Xunta premia o talento na categoría de videocreación do gondomareño Juan Rodríguez Bas
En segundo lugar quedou Mirian Opazo Ojea, de Xinzo de Limia, mentres o terceiro galardón foi para a viguesa Rocío Campoy Lage
A Xunta imparte talleres nas escolas para concienciar aos rapaces da importancia do saneamento das augas residuais para o medio ambiente e a saúde das persoas
Augas de Galicia levou a cabo esta semana xornadas de formación no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez, en Muros; no CEIP Torre-Illa, na Illa de Arousa; e no CEIP Manuel Cordo Boullosa, en Ponte Caldelas
A Xunta e o Concello de Cervo colaboran na mellora da estrada das Quintás, que favorecerá desprazamentos máis cómodos e seguros cun investimento conxunto de 1 M€
Ethel Vázquez destaca que a actuación reducirá o tránsito polo núcleo urbano, facilitará o acceso cara a Sargadelos e permitirá reservar a ponte sobre o río Xunco para o tránsito peonil
A Xunta e o Club Ciclista Rías Baixas colaborarán na promoción exterior do visor que reúne 52 rutas de alto valor paisaxístico para percorrer en bicicleta en Galicia
No visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta, cada percorrido conta con fichas descargables cos datos máis importantes como fotografías, mapas, perfís de terreo e, por suposto, a situación dos miradoiros e dos lugares con alto valor paisaxístico
A Xunta pagará a partires da vindeira semana preto de 27 M€ correspondentes ao anticipo das axudas da PAC 2022-2023
Un ano máis Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC)
O persoal anestesista do Sergas realizou máis de 113.000 consultas e participou en máis de 105.000 intervencións no primeiro semestre de 2022
A Xunta incorporará nos vindeiros meses case 100 novos sistemas de anestesia aos bloques cirúrxicos dos hospitais públicos das sete áreas sanitarias tras un investimento de 5,3 millóns de euros
A Xunta promove a seguridade laboral a través de cursos de formación sobre o uso axeitado das escaleiras manuais nos traballos en altura
As accións formativas do Issga, que xa se están a celebrar nas provincias de Lugo e Ourense, son principalmente de carácter práctico e dirixidas aos alumnos de formación profesional das ramas nas que estes riscos están máis presentes