Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/11/22 | 13:29 | C. do Medio Rural

A loita biolóxica da Xunta contra a avespiña do castiñeiro logrou acadar coas soltas de 2021 case o dobre dos parasitos torymus sinensis recollidos de 2016 a 2020

Tras analizar 1.200 puntos de recollida de mostras de bugallas tras as soltas de 2021, recuperáronse 8.803 exemplares de Torymus, fronte aos 3.158 de 2020 e os 4.551 do período de 2016 a 2020

20/11/22 | 13:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos da Xunta no Castro de Santa María de Cervantes sacan á luz restos de varios muros

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, participa na visita guiada para explicar o resultado da actuación realizada este outono
 

20/11/22 | 12:46

O Centro A Aixola amplía a súa oferta formativa para o sector pesqueiro con tres cursos novos e suma un total de oito en 2023

A programación, de carácter gratuíto, supón máis de 1.900 horas de formación e inclúe novas accións de restauración de embarcacións en madeira, de inglés técnico marítimo e de prevención de riscos na pesca

20/11/22 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa para mañá por temporal costeiro en todo o litoral galego

En Lugo e no noroeste da Coruña agárdase vento do suroeste de forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros
 

20/11/22 | 12:43

A Xunta licita por máis de 315.000 € o proxecto para humanizar unha nova rúa en Arbo para liberar o tráfico do centro urbano do concello

O Goberno galego destinará 8,6 M€ o vindeiro ano a seguir apoiando os concellos na execución deste tipo de obras, un 23 % máis que o orzamento destinado a tal fin en 2022

20/11/22 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que a denominación de orixe Queixo Tetilla fose recoñecida como entidade de certificación de produto pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC)

Trátase do primeiro Consello Regulador de queixo galego que obtén esta acreditación, que recoñece a súa competencia técnica para a certificación do Queixo Tetilla e que foi posible grazas ao apoio da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

20/11/22 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/11/22 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Ribadavia e do Porriño

As novas intervencións realizaranse na estrada OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo, e na PO-331 ao paso polo concello do Porriño

20/11/22 | 11:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza o ‘II Foro xuntos fronte aos abusos’ na infancia o vindeiro día 29 de novembro na Cidade da Cultura

Dez profesionais multidisciplinares realizarán conferencias nas que compartirán a súa experiencia e coñecementos para sensibilizar e actuar ante os abusos sexuais infantís

20/11/22 | 10:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para prestar atención básica en saúde no Kurdistán iraquí

Dotada con 20.400 euros, a intervención de emerxencia permitiralles a 9.000 persoas desprazadas e retornadas mellorar o acceso, a cobertura e a calidade dos servizos de atención primaria