Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia empregará a intelixencia artificial para dotar a historia clínica electrónica de ferramentas automatizadas que poidan enviar alertas de enfermidades graves
A Xunta traballa con algoritmos baseados en técnicas de aprendizaxe profunda, capaces de aprender de casos previos xa diagnosticados e elaborar patróns de detección cada vez más complexos
Galicia rexistra un total de 1.918 casos activos por coronavirus
Un total de 679.790 pacientes xa están curados
A Xunta destaca que a fábrica de Windar en Navantia Fene consolidará o liderado de Galicia na industria de compoñentes da eólica mariña
Asegura que é un dos proxectos que marcará un antes e un despois na industria da zona, que se está preparando para ser un referente da transición enerxética xusta
Lorenzana avanza en Vigo que Pontevedra Leste e Sur contará en 2023 cun polo de emprendemento no rural
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na gala de entrega do XVII Premio Joven Empresario/a e Iniciativa Emprendedora de AJE Vigo
Rueda garante que o Goberno galego salvagardará a estabilidade que precisa o tecido empresarial da Comunidade para medrar e incrementar a riqueza de Galicia
Pon o Grupo Lence como exemplo de emprendemento que mira polo progreso do territorio e de remuda empresarial estable e exitosa
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa destaca as accións da Xunta para mellorar o ensino a través da tecnoloxía
Judith Fernández participa na apertura do XXXV congreso Enciga, da Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia, que se desenvolve no instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso
A Xunta ve necesario contar con datos científicos actualizados para tomar decisións adaptadas á realidade do sector marítimo-pesqueiro
Rosa Quintana sinalou que o veto á pesca de fondo establecido pola Comisión Europea é unha medida arbitraria e sen base científica que difire co equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais que defende a Política Pesqueira Común
A sanidade pública galega aplica a intelixencia artificial para detectar infeccións no ámbito hospitalario
A Xunta destaca o uso do software galego ‘InnoCBR’, entre as ferramentas que combaten as resistencias antimicrobianas
A Xunta pon de relevo no primeiro Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes a creación en 2023 dun grupo especializado para loitar contra os grandes incendios
Segundo José González, este grupo de profesionais contará nos próximos orzamentos cun investimento de 1,5 millóns de euros, que se suman a outras partidas como os 18 millóns que se dirixirán á recuperación integral de áreas afectadas por incendios