Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/09/21 | 18:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta e a SIPD presentan o libro que recolle as 50 ‘Pílulas solidarias’ que chegaron a máis de corenta países durante o confinamento

O libro estará dispoñible na súa edición dixital na páxina web do Deporte Galego a partir da semana que vén, tanto en galego como en castelán

13/09/21 | 18:42

A Xunta e o Concello de Coirós colaborarán na humanización dun núcleo histórico-tradicional do municipio, cun investimento de 113.000 euros

Esta actuación urbanística enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe e consistirá na creación dun novo parque público no núcleo rural de Coirós de Abaixo

13/09/21 | 17:49

A Xunta valora positivamente o inicio dos debates co Goberno central sobre a Lei de cambio climático e as concesións en dominio público marítimo-terrestre

O Executivo galego considera un paso de boa vontade a predisposición do Executivo estatal a dialogar e negociar sobre unha normativa que afecta ao futuro das empresas afincadas no litoral de Galicia

13/09/21 | 17:38 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 975.000 euros nas obras de reforma do centro de produción de medicamentos CAR-T de Galicia

O Conselleiro de Sanidade informou hoxe a reitor da USC dos avances neste proxecto que se instalará en dependencias universitarias

13/09/21 | 17:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as segundas probas de acreditación do Celga do ano 2021

Os exames oficiais dos niveis 2, 3, e 4 realizaranse de forma presencial en Santiago de Compostela e en Ponferrada entre os meses de novembro e decembro.

13/09/21 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor destaca un investimento de case 8 millóns de euros para 87 obras de mellora en centros educativos da comarca da Coruña

Gonzalo Trenor supervisou o avance das obras de rehabilitación integral do CEIP San Marcos de Abegondo que recibiu un investimento de máis de 820.000 euros

13/09/21 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos para a instalación de cerramentos na vía de altas prestacións CG-2.2 no Corgo para evitar accidentes pola irrupción de fauna

Estes traballos enmárcanse nun contrato que tamén inclúe a instalación deste cerramento na AG-64, en Sedes, en Narón, cun investimento global de 353.000 €

13/09/21 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aposta por pasar das palabras aos feitos na fachada marítima da Coruña e pechar xa o acordo para empezar a urbanizar Batería e Calvo Sotelo

A Xunta propón un marco xeral de colaboración para a reordenación do espazo portuario, que diferencia os terreos de Batería e Calvo Sotelo, nos que xa se pode actuar, do ámbito de San Diego, cuxa recuperación debe planificarse a medio prazo

13/09/21 | 14:53

As solicitudes de axudas por parte dos concellos para corrixir impactos paisaxísticos en edificios municipais xa esgotaron o orzamento reservado a esta liña

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu o prazo de presentación de solicitudes o sábado e durante as primeiras horas recibiu preto de 30 peticións