Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta avisa á Fegamp de que a futura Lei estatal fixa obrigas en materia de residuos perigosos que son inabordables para os concellos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda denuncia que o proxecto lexislativo esixe ás entidades locais a recollida separada destes materiais, así como a elaboración dun censo de instalacións e emprazamentos con amianto
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de vehículos eléctricos e a implantación de infraestruturas de recarga
O programa Moves III permite a particulares, comunidades de propietarios, empresas e entidades locais formalizar a súa petición ata o 31 de decembro de 2023 e as axudas concederanse por orde de chegada
A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga
A intervención, adxudicada por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 2 meses
A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias de Pontevedra, da Coruña e de Lugo
Iniciaranse traballos na PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; na autovía AG-64 en Narón; e nas estradas LU-160 e LU-122 en Meira e Lourenzá
Mañá comezará en Ortigueira un curso para a obtención do carné básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios
A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirase no centro de San Roque entre o luns 13 e o martes 21 de setembro
Un total de 58 novos ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira
A Xunta vén de publicar a resolución pola que se autorizan os ciclos plurilingües que comezan agora e que se engaden aos que iniciados o pasado o curso
A Xunta convoca a segunda liña de axudas ás axencias de viaxes que ascende a 350.000 euros
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o vindeiro 11 de outubro
O ciclo de humor apoiado pola Xunta ‘Comicamente’ péchase este domingo en Lalín despois de chegar a máis de 10.000 persoas en 12 concellos
Actuarán Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Celso Sanmartín e Lucía Veiga no Auditorio ao aire libre ás 21,30 horas
A Xunta colaborará co concello de Arbo para impulsar a declaración do barrio da estación como Área de Rehabilitación Integral
A Consellería tamén estudará a posibilidade de apoiar economicamente ao Goberno local nun proxecto urbanístico para humanizar a antiga estrada PO-400