Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/09/21 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial comezan o curso este mércores

Aínda que os datos son provisionais, destaca un incremento de case 3.000 alumnos nas ensinanzas de Formación Profesional, ao abeiro da consolidación da modalidade Dual e da implantación dos novos másteres de FP

13/09/21 | 14:12 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá a semana que vén en Meira e Baralla formación sobre o novo regulamento relacionado coa produción de vacún en ecolóxico

As iniciativas están programadas polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal

13/09/21 | 14:11 | C. de Economía e Industria

Conde avanza que dez candidaturas optan a ser socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos

Explica que o lanzamento da convocatoria para seleccionar novas empresas tractoras que acompañen á Xunta neste proxecto pioneiro é unha das 30 actuacións contempladas na nova Estratexia 2021-2025 do Polo Aeroespacial de Galicia

13/09/21 | 14:05 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 132.000 euros en acondicionar case 17 hectáreas para un pasteiro en Beariz

O delegado territorial da Xunta en Ourense visitou hoxe esta actuación, acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e polo alcalde da localidade

13/09/21 | 14:02

A Xunta formará e dará opción a traballar a 184 persoas desempregadas na comarca de Santiago de Compostela grazas a un investimento de 3,5M€

O Goberno galego destina este ano un orzamento 11,3 millóns de euros para os obradorios duais e os de garantía xuvenil da provincia é o máis alto da década

13/09/21 | 14:02

A Xunta constituirá unha entidade de xestión, co resto de promotores e os concellos, para o mantemento dos sistemas xerais da Plisan

Acordan que mentres non se constitúa a entidade de xestión, o mantemento continuarán correspondendo aos promotores

13/09/21 | 13:51 | C. do Medio Rural

A Xunta reactiva a campaña 'Come Local' co inicio do curso escolar para promover o consumo de produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade

Coa volta ás aulas, estanse a retomar nunha vintena de comedores escolares os menús especiais elaborados con producións acollidas a indicacións xeográficas e denominacións de orixe protexidas, así como outras accións de formación e difusión

As actividades das próximas semanas xirarán arredor do Día Mundial da Alimentación, que se conmemora o día 16 de outubro

“Come Local”, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, lévase a cabo no marco da rede Mercaproximidade, creada por Medio Rural para dar saída aos produtos agroalimentarios galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da covid-19

13/09/21 | 13:51 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante o apoio da Xunta ao sector transformador de produtos do mar que permitiu mobilizar este ano máis de 45 M€ para impulsar a súa competitividade

Incide en que Galicia seguirá defendendo os intereses da industria na revisión da Política Pesqueira Común para os próximos anos e con ese obxectivo propugna unha PPC baseada na igualdade, a cogobernanza, a sustentabilidade e a remuda xeracional

13/09/21 | 13:50

A Xunta aposta por maridar sostibilidade e gastronomía para reducir a pegada ambiental galega

Ángeles Vázquez destaca que en España se desperdician 7,7 millóns de toneladas de alimento cada ano, ao que hai que sumar os recursos empregados para a súa produción