Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta veda a pesca deportiva nas augas do encoro de Vilagudín
Ao longo desta semana os axentes medioambientais recolleron exemplares mortos de gaivota patiamarela; así como algún vivo, trasladado ao centro autonómico de Oleiros para a súa recuperación
A Xunta avanza na estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 coas achegas do Consello Económico e Social de Galicia
Despois dun proceso participativo con máis de 600 propostas, continúa o proceso colaborativo para identificar as tendencias, desafíos, oportunidades, nichos de prioridade e obxectivos preliminares sobre os que pivotará a nova estratexia
A Xunta achega preto de 3 M€ para impulsar nove obradoiros duais de emprego en concellos da área territorial de Vigo
A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, explicou que a súa posta en marcha permitirá contratar a 172 persoas de 11 municipios da comarca viguesa
A Xunta avanza co sector no deseño da estratexia de Galicia para defender os seus intereses ante a revisión da Política Pesqueira Común
O Consello Galego de Pesca acorda crear un grupo de traballo para enriquecer as propostas de Galicia de cara á futura folla de ruta da pesca europea
O Executivo galego considera necesario incidir en aspectos básicos como a remuda xeracional, a sustentabilidade da actividade, a igualdade de condicións no seu desenvolvemento, a adaptación ao cambio climático e a cogobernanza global
A Xunta concede obradoiros de emprego duais a Vilagarcía, Vilanova, O Grove, a Mancomunidade do Salnés e Caldas cun investimento de 1,7 M€
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, anuncia a resolución nunha visita ao Pazo de Vista Real na que supervisou as actividades das iniciativas laborais da Xunta Vista Real VI e Mar de Santiago
Máis de 50.000 cidadáns se beneficiarán das medidas postas en marcha pola Xunta para facilitar que todos os galegos teñan acceso a servizos financeiros
A Xunta foi unha das primeiras administracións en abordar da man da Fegamp este problema de ámbito nacional
A ampliación da avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, fará necesario un corte diúrno do tráfico esta fin de semana
O corte comezará o sábado ás 8 horas, quedando restablecido o tráfico ás 20 horas e repetindo o mesmo procedemento o domingo para evitar a afección en días laborables
A Xunta pon en marcha o Hub Audiovisual da Industria Cultural cunha primera achega de 2M€ para a atracción de rodaxes
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade presentoulle ao sector as liñas mestras deste “programa de apoio sen precedentes”, que suporá unha inxección de 9,6M€ ata 2023 a través do fondo europeo FEDER dentro do Eixo REACT-UE
A Xunta promocionará os produtos de calidade do agro galego no marco do Festival de La Luz
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento diferentes actividades lúdicas, orientadas ás familias, para difundir a riqueza e a variedade destas producións