Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/09/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 9,6 M€ a financiar 28 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense

O delegado territorial subliñou que se poderá ofrecer formación e un contrato de traballo a 552 desempregados, un 76% máis que a convocatoria anterior

10/09/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a reactivación da actividade dos cámpings galegos con cifras históricas este verán

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o cámping Bayona Playa, que ademais é o segundo con maior facturación entre os establecementos adheridos á Tarxeta Bono Turístico #Quedamos en Galicia coa que Xunta busca inxectar liquidez ao sector turístico

10/09/21 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez informa ao Comité Educativo do mantemento das medidas de seguridade nas aulas

Destaca a “normalidade” neste inicio de curso e a necesidade de “manter a precaución e a prudencia” para garantir a seguridade nas aulas

10/09/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiará 20 obradoiros duais de emprego en 55 concellos da provincia de Lugo cun investimento de 7,1 M€

O delegado territorial do Goberno galego en Lugo, Javier Arias, explicou que o incremento do orzamento nesta convocatoria permite impulsar seis talleres máis que na edición anterior, polo que o 82% dos municipios lucenses participará nun obradoiro

10/09/21 | 13:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.986 casos activos por coronavirus

Un total de 174.287 pacientes xa están curados

10/09/21 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre dúas novas aulas na escola infantil de Salvaterra de Miño para ampliar ata 82 as prazas ofertadas

Póñense a disposición das familias 21 prazas máis que o curso pasado, distribuídas en seis unidades; así como unhas instalacións melloradas, con mais espazo e maiores comodidades

10/09/21 | 13:15

A Xunta formará e dará opción a traballar a case 2.000 persoas desempregadas na maior convocatoria de obradoiros duais, dotada con 34 millóns de euros

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que a Xunta xa está a notificar as resolucións dos 94 obradoiros para este curso académico, o maior número desde 2009

10/09/21 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras de renovación das beirarrúas en Oia e do carril bici da PO-552, nas que a Xunta inviste 1,8 M€, estarán rematadas a finais de ano

Vázquez Mourelle subliña que, no caso de Oia, a Xunta inviste preto de 1 M€ nunha intervención que reporá preto de 2 quilómetros de beirarrúas

10/09/21 | 13:07 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que Navalia 2022 será o gran evento para o naval na etapa postpandemia, que constatará o presente e o futuro do sector galego

Incide en que eventos como Navalia son un importante escaparate para mostrar ao mundo o potencial do naval galego, cuxos datos provisionais do terceiro trimestre apuntan que a carteira de pedidos elevarase ata os 17 buques por valor de 750M€