Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/09/21 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ponteareas acadan un acordo para a reforma e a explotación da estación de autobuses

Ambas as administracións están ultimando a firma dun convenio para cofinanciar a partes iguais a reforma da estación, cun investimento de preto de 500.000€

10/09/21 | 14:42 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social complementa labores medioambientais e de organización dun festival no campo de voluntariado Luces de Boimorto

Nesta iniciativa, enmarcada na campaña da Xunta de Galicia “O verán que mereces”, lévanse a cabo actividades de limpeza e acondicionamento do Castro da Roda e de preparación dun gran evento como é o Festival solidario de la Luz

10/09/21 | 14:32 | A Presidencia da Xunta

Feijóo gaba a maneira xenerosa dos galegos de entender Galicia que permitiu construír o autogoberno e forxar un galeguismo inclusivo

“A autonomía é consecuencia dunha afortunada coalición: a democracia española, unha Galicia madura e responsable e uns políticos aos que lles interesaba un diálogo constante”, recorda

10/09/21 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns de Curtis

A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

10/09/21 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada PO-300 no Concello de Ribadumia

A intervención, cun investimento autonómico de 48.000 €, consistiu na execución dun itinerario pola marxe dereita, entre os puntos quilométricos 4+700 e 4+815

10/09/21 | 14:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que a posición de bloqueo do Goberno pon en perigo o futuro da planta de Ence e os empregos

 A ausencia no encontro de hoxe da vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica evidencia que o Executivo central prefire despreocuparse e tomar distancia con respecto ao futuro da fábrica e dos miles de postos de traballo asociados

10/09/21 | 14:04

A Xunta e o concello de Pantón humanizarán por 113.000 € os accesos ao balneario e á fonte de Augas Santas

A actuación enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe, impulsado hai unha década para contribuír á creación, mellora e humanización dos equipamentos públicos municipais

10/09/21 | 14:00

A Xunta estudará colaborar co concello de Mos nun proxecto municipal para mellorar a urbanización de San Rafael

As obras de humanización na contorna parroquial de San Mamede, cofinanciadas nun 70% pola Consellería e nun 30% polo Goberno local, comezaron en xullo e seguen a bo ritmo

10/09/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate dos traballos arqueolóxicos do Castro de Cameixa

Gabriel Alén significou que a estes traballos a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinou 12.705 euros

10/09/21 | 13:50 | C. de Sanidade

O Sergas e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue renovan o convenio de colaboración a prol do fomento da doazón

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, Manuel Fonseca Gómez, asinaron esta mañá o acordo que permite continuar promovendo unha conciencia social favorable á doazón de sangue