Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta executa obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-445, no treito coincidente co camiño de Fisterra, no concello de Cee
A actuación céntrase na sinalización de dous cruzamentos da vía autonómica nos puntos quilométricos 6+360 e 6+620, habilitándose ademais no segundo deles un treito de senda de 10 metros de lonxitude
A Xunta e o Concello de Bande avalían a implantación dunha aldea modelo na parroquia de Nogueiroá ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria
No encontro confirmouse que se celebrará unha reunión con veciños da zona para informalos sobre as vantaxes que suporía a aplicación desta figura de mobilización
A Xunta impartirá a semana que vén un taller de confección de ramos de noiva no CFEA de Guísamo
Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro venres 17 de setembro, en horario de mañá
O programa da Xunta ‘Monumenta’ pecha en Silleda tras esgotar todas as súas prazas este verán
Desenvolvéronse 14 andainas culturais ao longo do verán nas catro provincias galegas e no Bierzo, coa participación de máis de 400 persoas
A Xunta lanza a campaña "Haters da Violencia de Xénero" para combater e crear comunidade contra esta lacra
A nova campaña de loita contra a violencia de xénero e as súas manifestacións estará presente en prensa, radio, televisión e nas redes sociais
A Xunta anima a solicitar ata o 15 de outubro a liña de axudas para comprar vivenda en centros históricos e avanza que xa hai 39 concedidas
Este é o terceiro ano consecutivo que se convocan estas subvencións, que poden ir desde os 10.800 euros ata un máximo de 15.000 euros por vivenda
Fernández-Tapias destaca o valor arqueolóxico de Salinae, a única saliña mariña de evaporación solar conservada e musealizada do imperio romano
A delegada territorial da Xunta en Vigo e a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio, visitaron o centro museístico na rúa Rosalía de Castro en Vigo, que desde a súa apertura contabiliza preto de 5.000 visitas ao ano
Galicia rexistra un total de 4.041 casos activos por coronavirus
Un total de 174.296 pacientes xa están curados
O noveno número da revista ‘Olga’ réndelle tributo á poesía estradense co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou os autores Vicente Araguas e Manuel Pereira, na presentación do último volume da publicación