Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata a execución do bombeo de augas residuais nos núcleos das Quintas e A Gradeira, no Concello de Toén
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, entregoulle hoxe estas infraestruturas hidráulicas ao Concello
A Xunta apoia 74 proxectos de melloras en buques pesqueiros para impulsar unha pesca sustentable
O Executivo galego destina 900.000 euros en achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a distintas actuacións para optimizar o labor das embarcacións pesqueiras con porto base na Comunidade que mobilizarán case dous millóns de euros de investimento
A Xunta activa unha nova liña de axudas directas para apoiar a reactivación da actividade deportiva competitiva
Haberá 3 liñas de actuación: axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional, axudas para a compensación da minoración dos ingresos e axudas ás federacións deportivas galegas
Florida desfrutará do cocido de Lalín da man da comunidade galega en Miami
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou ao alcalde da capital do Deza, José Crespo e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos de USA, José Manuel Brandariz
A Xunta pon en marcha o programa doutoramento industrial para apoiar a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos onde desenvolverán a súa tese
Feijóo resalta que estará dotado con 1,9 millóns de euros que se destinarán a sufragar os gastos de contratación, os gastos ligados ao proxecto e os apoios para realizar estadías de tres meses no estranxeiro
Feijóo avanza a posta en marcha dun paquete de axudas dirixidas ao sector turístico cun investimento de 15,8 M€
Precisa que os beneficiarios destas axudas serán as axencias de viaxes, os establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes
Sae a luz unha muralla de seis metros de ancho a catro de alto no xacemento de Penas do Castelo
Os restos apareceron no marco dos traballos impulsados pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón, a Comunidade de Montes e a Asociación Veciñal de Salcedo
A Xunta colabora co Concello de Quiroga na mellora da cuberta da casa da cultura do concello
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias as melloras levadas a cabo na casa da cultura ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público
17.821 alumnos ourensáns principian esta mañá o curso escolar en infantil, primaria e educación especial
O delegado territorial explicou que as estatísticas amosan un descenso do alumnado en case 716 escolares respecto do último curso antes da pandemia