Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/11/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avoga por intensificar a relación entre o sistema educativo e o tecido empresarial para mellorar a formación integral do estudantado

O titular de Educación do Goberno galego pon de exemplo os bos resultados desa interacción en ámbitos como a Formación Profesional ou os graos duais universitarios, que se comprometeu a seguir impulsando

14/11/22 | 12:27

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda xa titoriza unha vintena de proxectos empresariais

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego inaugurou o encontro de empresas tractoras para detectar ideas de negocio de futuros emprendedores no norte de Pontevedra e Rías Baixas
 

14/11/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdase vento do suroeste que poderá superar forza 8 e mar combinada do sur ou suroeste rolando a noroeste con ondas de ata 6 metros

14/11/22 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 8 empresas para executar as obras de mellora do saneamento municipal de Cambados, cun investimento autonómico de máis de 1,7 M€

A actuación inclúe a mellora de saneamento no núcleo urbano, con novos colectores, a optimización do sistema na zona do Facho ou a mellora dos bombeos de Fefiñáns e da praza do Concello

14/11/22 | 12:07 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.711 casos activos por coronavirus

Un total de 679.347 pacientes xa están curados
 

14/11/22 | 11:59

A Xunta inviste 504.000 euros na formación dunha vintena de alumnos no Obradoiro dual de emprego que comparten Monfero, Aranga, Irixoa e Vilarmaior

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as clases onde puxo en valor os obradoiros de emprego dual como exemplo do compromiso do Goberno galego coa xeración de traballo na comarca

14/11/22 | 11:42

A Xunta desenvolve unha macroenquisa sobre a percepción e actitudes da mocidade respecto da violencia de xénero e as agresións sexuais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanza na inauguración da IV Xornada de sensibilización e prevención da violencia sexual na mocidade que o estudo centrarase en idades temperás, dos 12 ata os 18 anos
 

14/11/22 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Xermade de dous treitos antigos das estradas LU-170 e LU-861

Transfírense o treito de 611 metros correspondente co final da LU-170, que comunica Parga e Cabreiros, e un treito de 130 metros na vía autonómica LU-861, que une Vilalba co límite da provincia en Igrexafeita
 

14/11/22 | 11:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa garante a defensa dos intereses de Galicia no marco comunitario con arredor dunha vintena de temas e eventos nos últimos dous meses

Entre os obxectivos da oficina que representa ao Goberno galego en Bruxelas figura o de apoiar a posta en marcha de estratexias e o traballo en rede con outras rexións europeas

14/11/22 | 10:42 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 68 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 13 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico