Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/11/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o inicio das obras da fonte de auga quente na contorna da Capela dos Remedios, que acrecentará o potencial de Ourense como referente en termalismo

Vázquez Mourelle sinala que se habilitará unha fonte termal ornamental, creando un nexo de unión coa contorna e a zona verde, integrando os 2 cedros no deseño e no novo xardín
 

14/11/22 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura programa na semana do 25-N un obradoiro para ensinar aos adolescentes a detectar comportamentos machistas e promover relacións sas

Polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Gaiás programa tamén unha xincana en familia coa que coñecer os avances da loita pola igualdade

14/11/22 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a aposta da Xunta pola mellora das infraestruturas educativas na cidade de Pontevedra con dez obras en marcha que suman 10,3 M€

Asegura que todas as actuacións, xa sexan de rehabilitación integral ou de ampliación e modernización das instalacións, como a que se está a acometer no Luís Seoane, teñen como obxectivo “ofrecer un mellor servizo á comunidade educativa”

14/11/22 | 13:53

Máis dun cento de técnicos urbanísticos de toda Galicia participan esta semana no segundo curso sobre disciplina urbanística organizado pola Xunta

Durante tres días, especialistas do sector público, universitario e xurídico exporán as principais novidades normativas no eido do urbanismo desde un punto de vista práctico e clarificarán a relación entre todos os axentes implicados na defensa do territorio

14/11/22 | 13:47 | C. de Sanidade

A Xunta lembra que a autocita para a dose de reforzo vai dirixida aos maiores de 60 anos e persoas incluídas no grupo de risco

Recoméndase a vacinación a todas as persoas maiores de 60 anos; a sanitarios, a menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e convivintes con inmunodeprimidos

14/11/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha un proxecto piloto de biblioteca móbil en 10 concellos de Lugo

Está en trámite a adxudicación do contrato, cun orzamento de máis de 100.000 euros na provincia, e proximamente asinaranse os convenios coas administracións locais

14/11/22 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra o recoñecemento ao Fondo Galego de Garantía Agraria pola súa xestión dos fondos comunitarios

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias recibiu a felicitación en Madrid, da man da directora xeral do Fondo Español de Garantía Agraria

14/11/22 | 13:39 | C. de Sanidade

O entorno hospitalario e de atención primaria da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés activou o seu Plan de continxencia da gripe 2022-2023

Conta coa aportación técnica e asistencial de profesionais de Atención Primaria e dos servizos hospitalarios de Urxencias, Microbioloxía, Medicina Preventiva, Medicina Interna, Pediatría, Pneumoloxía, Admisión e Prevención de riscos laborais
 

14/11/22 | 13:28 | C. de Sanidade

A xerencia da área sanitaria de Ferrol actualiza o Plan de Inverno cos profesionais implicados

Trátase dun plan de continxencia que prevé os recursos nos períodos nos que aumenta a demanda asistencial por mor das patoloxías e posibles descompensacións das persoas máis afectadas