Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/11/22 | 14:14

O servizo de orientación xurídico-laboral que ofrecen a Xunta e o Colexio de Graduados Sociais respostou un cento de consultas en Pontevedra no que vai de 2022

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe nunha charla informativa sobre estes gabinetes de asesoramento

15/11/22 | 14:11 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta mobilizou xa preto de 5 M€ en vendas e conta xa con máis de 6.200 establecementos adheridos

Os comerciantes poden seguir sumándose ata o 30 de novembro a esta iniciativa a través da cal a Administración autonómica ingresou ata a data aos comerciantes preto dun millón de euros, correspondentes aos bonos xa utilizados polos clientes

15/11/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a humanización da contorna das antigas escolas e das vivendas de mestres de Loureza, no Concello de Oia, cun investimento de 88.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, orientada á mellora do espazo público central desta parroquia e cofinanciada ao abeiro das achegas do Plan Hurbe

15/11/22 | 13:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego incidirá na protección e promoción das nosas producións de calidade

No encontro, José Luis Cabarcos deu conta das fases e das datas recollidas na orde que saíu publicada o pasado 10 de novembro no Diario Oficial de Galicia

15/11/22 | 13:46

A Xunta pon en valor o compromiso do Concello de Muros co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia

O Goberno galego destinará 80,6 M€ en 2023 a accións para preservar os espazos naturais e para apoiar aos concellos na boa xestión dos residuos, na mellora dos espazos públicos ou na corrección de impactos paisaxísticos

15/11/22 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 330.000 euros as obras de mellora da seguridade na estrada PO-315 ao seu paso pola parroquia de Beluso, no concello de Bueu

A actuación suporá un investimento da Xunta de 340.000 €, incluíndo o pagamento dos 8 predios necesarios para a súa execución, que se acometerá en 2023
 

15/11/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 48.000 euros as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra

O obxectivo é dotar dun correcto servizo de abastecemento aos veciños, resolvendo as deficiencias da estación de captación e bombeo, que ocasionan frecuentes avarías que provocan a interrupción da subministración

15/11/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda demanda axilidade ao goberno na xestión dos fondos europeos para concretar proxectos fundamentais para Galicia chamados a xerar milleiros de postos de traballo

Asegura que estas axudas son unha “enorme oportunidade” que cómpre aproveitar para impulsar o crecemento e a modernización do tecido empresarial galego

15/11/22 | 13:28

A Xunta titorizou cerca de 100 proxectos e contribuíu á creación de 17 novas entidades de economía social no que vai de 2022 grazas ao traballo da Rede Eusumo

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Rede Eusumo, acompañou este ano cerca de 200 persoas, o 60% mulleres, na maduración de ideas e modelos de negocio da economía social
 

15/11/22 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor traslada a Cogami o apoio da Xunta en todos os seus proxectos para seguir avanzando na plena inclusión

O delegado da Xunta mantivo un encontro coa directiva galega da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)