Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Plan de xestión de Fragas do Eume supera un dos últimos trámites previos á súa aprobación definitiva
Belén do Campo presenta os puntos básicos do futuro PRUX, que propón unha nova zonificación das case 10.000 hectáreas do espazo natural, especificando os usos permitidos e restrinxidos desde o punto de vista agrogandeiro, forestal ou recreativo
Rueda subliña que os Orzamentos de 2023 recollen unha aposta da Xunta polos servizos, o benestar e as oportunidades da provincia de Ourense
Resalta o impulso a proxectos clave como o Centro de Ciberseguridade da Tecnópole, o Parque Acuático de Pereiro de Aguiar, a recuperación da fortaleza de Monterrei ou a nova delegación da Xunta
Fernández-Tapias destaca o talento innovador de Galicia na VI edición dos premios Spin-Off PuntoGal
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe na entrega dos galardóns aos proxectos máis innovadores no ámbito universitario convocados por Gciencia
A Xunta analiza co Concello de Tui a posibilidade de promover un cambio de uso en dous ámbitos da parroquia de Ribadelouro
Tras informarlles das posibilidades técnicas da modificación e dos pasos a seguir, Encarnación Rivas incidiu en que a oportunidade de impulsar esta medida é unha decisión que corresponde ao Goberno local atendendo ao interese público e xeral
A Xunta pon en valor o éxito do Bono Turístico 2022, que acada máis de 1,1 millóns de euros de gasto nos establecementos hoteleiros galegos
A directora de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitaron axencia de viaxes dixital “Siente Galicia”, unha das axencias adheridas ao bono turístico
Galicia traballa en diferentes vías de obtención de Mexilla e mantén a vontade de flexibilizar as zonas de extracción en base ao diálogo e aos criterios técnicos
Entre estas accións están o estudo da abundancia deste recurso na costa galega co uso de drons, o seguimento e análise da eficacia das cordas colectoras e a produción de semente en criadeiros
A andaina Camiño ao respecto con máis de 5.600 persoas xa inscritas protagonizará a programación da Xunta con motivo do 25-N
O Goberno galego anima á cidadanía a seguir anotándose na iniciativa que terá lugar de xeito presencial este domingo 20 e ata o 27 de novembro de forma virtual para amosar o reixeitamento á violencia de xénero
A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego
Agárdase vento de forza 7 e mar combinada con ondas que poden acadar na provincia da Coruña ata 7 metros
A Xunta inviste 214.000 euros no programa integrado de emprego de Ferrol que mellorou a formación e o acceso laboral a un centenar de persoas
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na xornada de clausura onde destacou a porcentaxe de inserción laboral lograda pola iniciativa, un 40%
O presidente da Xunta destaca a mellora do CEIN de DXC Technology como proba da aposta de Galicia pola intelixencia artificial da man do talento e da iniciativa privada
Resalta que a consolidación e expansión do centro, que pasou en seis anos de 50 a 150 traballadores, demostra que a Comunidade é un referente no eido da tecnoloxía de vangarda e da analítica de datos