Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Biblioteca de Galicia mostra cen anos de historia da literatura infantil e xuvenil en galego con primeiras edicións das obras máis destacadas
¡Baixo o título ‘Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil’, a exposición achega cen publicacións que reflicten a evolución das obras infantís e xuvenís en galego
Román Rodríguez reivindica en Madrid o valor xornalístico e literario de Julio Camba
Destaca que, ademais dun “mestre do humor”, foi quen de “ler como moi poucos autores as contrariedades do seu tempo e elevalas á categoría de alta literatura”
Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A positivo e 0 positivo, pídese a colaboración da cidadanía
Os grupos sanguíneos A positivo e 0 Positivo amosan niveis baixos, especialmente este último, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue
A Xunta destaca as achegas galegas en avaliación de pseudoterapias e as medidas de control da Covid
Estudos galegos probaron a ineficacia da magnetoterapia estática no tratamento da dor aguda ou a inseguridade da terapia con ventosas en patoloxías non osteomusculares
A Xunta presenta en Miami o labor que está a facer Galicia desde a colaboración público-privada para dar resposta aos novos retos industriais
Conde mantivo unha xuntanza co director do departamento de Investimento estranxeiro e loxística, comercio internacional e desenvolvemento de Enterprise Florida, Carlos Guerra
A Xunta aprobará esta semana o decreto que regulará o novo Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia
O documento será sometido agora a información pública para recoller as achegas da sociedade galega
A Xunta destaca o incremento dun 49% do turismo rural na nosa comunidade no que vai de ano
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na xornada levada a cabo como parte das actividades do Máster de Turismo impartido pola Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo
A execución das obras do treito da VAC TUI-A Guarda, entre os enlaces da autovía A-55 e Areas, fará necesario un corte de tráfico na madrugada de mañá
Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo dende as 22 horas de máña ata as 6 horas do xoves
A Xunta cualifica de “decepción” a reunión sobre a A-6 co Ministerio de Transportes, ao non achegar explicacións suficientes do colapso, solucións eficaces para os transportistas nin un plan concreto de reconstrución
Vázquez Mourelle salienta que o Ministerio recoñeceu que o desvío provisional non é válido para os transportistas e queda desde agora só para o paso de turismos
Trenor clausura na Coruña unha xornada para reforzar a coordinación institucional contra a violencia de xénero
No encontro participaron responsables das políticas de igualdade do Goberno galego e dos concellos, persoal dos CIM e axentes dos corpos de seguridade, entre outros)