Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/11/22 | 12:03 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as máis de 42.000 hectáreas galegas baixo certificación forestal FSC® que acreditan o cumprimento dunha xestión forestal sustentable

Os montes baixo xestión da Xunta que contan cunha certificación FSC suman un total de 88, aos que hai que engadir outros 619 certificados polo sistema PEFC (Programme for the Endorsement of Forest Certification)
 

16/11/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta autoriza a remodelación da rúa e da praza do Carme, coa condición de recuperar elementos verdes da praza no entorno inmediato da igrexa

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural remite ao Concello de Lugo a resolución, que recolle as suxestións do Consello Asesor do Camiño de Santiago

16/11/22 | 11:25 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para cinco aldeas modelo nos concellos de Sober, Taboadela, Cualedro, a Gudiña e Cerdedo-Cotobade

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

16/11/22 | 11:05 | C. do Medio Rural

A Xunta declara catro novas zonas de concentración parcelaria nos concellos de Vilardevós e Lalín que beneficiarán máis de 2.300 propietarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os decretos que inician os procesos das zonas de Soutochao (Vilardevós) e de Cristimil, Galegos e de Goiás-Xaxán-A Veiga (Lalín), que reorganizarán máis de 4.000 hectáreas de superficie
 

16/11/22 | 11:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta manifesta o interese de Galicia por participar na vinderia edición da feira tecnolóxica de Miami ‘Emerge Américas’

Conde reuniuse a pasada tarde co fundador e presidente do Consello desta feira anual de startups, Manny Medina, unha das máis importantes de toda América

16/11/22 | 10:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.723 casos activos por coronavirus

Un total de 679.682 pacientes xa están curados

15/11/22 | 19:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará aos concellos máis de 564 M€ en 2023

A directora xeral de Administración Local participou hoxe nunha xornada sobre a implantación da Axenda 2030 polos gobernos locais, onde debullou os principais retos do municipalismo galego

15/11/22 | 19:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García destaca a contribución de Fernández del Riego á lingua e literatura galegas

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro Con Pondal en Bergantiños, do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023