Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/11/22 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta dúas gaivotas afectadas por gripe aviaria

Os novos casos positivos corresponden a dous individuos recollidos no encoro de Vilagudín, na localidade coruñesa de Cerceda
 

14/11/22 | 16:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca aos concellos da Coruña e Oleiros para coñecer se apoian ou rexeitan a construción da senda litoral coa pasarela de Oza a Santa Cristina

O Goberno galego ten listo o prego de contratación pero advirte de que coa oposición dos municipios será inviable desenvolver esta iniciativa de fomento da mobilidade sostible nos prazos fixados no programa ‘Next Generation UE’

14/11/22 | 15:49

A tempada de pesca fluvial de 2023 comezará en Galicia o vindeiro 19 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo

As cotas de captura e os períodos hábiles establecidos para cada especie recollen as propostas realizadas polos consellos provinciais de pesca

14/11/22 | 15:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva a Miami a aposta que Galicia está facendo pola sustentabilidade e a innovación, con niveis de investimento en máximos históricos

Subliña que, ao igual que Galicia é unha porta a Europa, tamén Miami e Florida comparten esa vocación de ponte cara a EEUU, Latinoamérica e o Caribe

14/11/22 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 8 empresas da comarca da Coruña do sector agroalimentario recibirán máis de 5 M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O delegado da Xunta visitou a empresa SAT Queinaga, unha das beneficiarias con máis de 1,4 millóns euros para levar a cabo a ampliación das súas instalacións

14/11/22 | 15:37

A Comisión Europea anima a Galicia a identificar outras rexións locomotoras no eido do cambio climático para intercambiar experiencias e iniciativas

Ángeles Vázquez e Diana Acconcia coinciden na importancia do traballo a nivel rexional para avanzar de forma eficaz na adaptación a este fenómeno global

14/11/22 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O deporte galego de alto nivel actualízase tras a última resolución con 92 novos recoñecementos e 681 deportistas en total

Susana Rodríguez Gacio acada o recoñecemento de deportista galega de alto nivel vitalicia

14/11/22 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acometeu obras para corrixir humidades na igrexa de San Xoán de Tirimol, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego vén de investir 15.000 euros nunha actuación de acondicionamento co fin de garantir a preservación do edificio e dos retablos que alberga no interior

14/11/22 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para completar a humanización da travesía de Albarellos na estrada OU-143, no concello de Monterrei

O obxectivo é darlle continuidade ao itinerario rematado o pasado ano, a senda de Albarellos, que supuxo un investimento autonómico de 180.000 euros

14/11/22 | 14:40

A Xunta concede un préstamo de 150.000 € a Cabana de Bergantiños a través do fondo de cooperación para rehabilitar a casa reitoral de Cesullas

Ángeles Vázquez lembra que este fondo posibilita que os concellos máis pequenos teñan “tesourería” para avanzar en infraestruturas necesarias ao dispor de investimento a través dun préstamo sen xuros a devolver nun prazo de ata 8 anos