Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta estima producir nos seus viveiros forestais ata 17.300 plantas anuais sobre todo de frondosas e coníferas
O Goberno galego aposta por potenciar, no marco do Plan Forestal de Galicia, a actividade nos viveiros, como fórmula para conservar os recursos xenéticos e para dispoñer de planta en cantidade, calidade e sanidade
O programa Emega da Xunta apoia 57 iniciativas empresariais de mulleres en Lugo, cun investimento de 709.000 euros
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explican que a convocatoria deste ano chega a 28 concellos lucenses e axuda a crear ou consolidar 92 postos de traballo femininos
A Xunta inviste máis de 500.000 euros na modernización de 16 cines en 15 localidades das catro provincias
Os proxectos desenvolveranse en salas cinematográficas da Coruña, A Estrada, Caldas de Reis, Carballo, Ferrol, Lugo, Monforte, Narón, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Santiago, Vilagarcía, Vigo e Viveiro, que suman 86 pantallas e preto de 16.500 butacas
A Xunta pon en servizo as tres novas zonas de estacionamento do Hospital Naval de Ferrol, logo dun investimento de 662.000 €
En total, son 266 as novas prazas que se poñen á disposición de traballadores e de usuarios, 8 para persoas con mobilidade reducida
A Xunta pon en valor a gobernanza rexional e local para afrontar os desafíos do cambio climático
Ángeles Vázquez salienta o esforzo que está a facer a Xunta como coordinadora do Pacto das Alcaldías en Galicia
A Xunta activa o martes Plan de vialidade invernal na provincia de Pontevedra con 89 profesionais e 400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo
O plan, en servizo desde o día 15, mobiliza nesta provincia 43 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve
A Xunta ofrece formación gratuíta sobre como obter financiamento para proxectos de economía social
A actividade, ofrecida pola Rede Eusumo é gratuíta e está dirixida a calquera persoa interesada en emprender ou consolidar a súa actividade neste sector
A Xunta activa o Plan de vialidade invernal na provincia da Coruña para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo
O plan, en servizo desde o día 15, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 42 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve
A Xunta activa o convenio de emerxencias con UNICEF para facerlle fronte á crise humanitaria en Ucraína
O Goberno galego destina 30.000 euros para a adquisición e distribución de kits básicos de emerxencia e para a atención de partos, así como de subministracións nutricionais