Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/11/22 | 16:15 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso coas producións galegas de calidade, que contan cun orzamento de máis de 5,4 millóns de euros en 2023 para a súa promoción

As accións que se contemplan van dende a promoción a través campañas ata a participación en feiras tanto nacionais como internacionais, entre outras

13/11/22 | 13:36 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Os galegos do exterior participantes no programa Reencontros co Xacobeo rematan a súa experiencia en Santiago de Compostela

Esta iniciativa, que comezou o pasado luns e que conta con case 140 persoas de máis de 65 anos vinculadas a centros galegos do exterior ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo

13/11/22 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza o primeiro Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes

Contará con varias charlas e mesas redondas con diversas autoridades e expertos en lumes forestais de Galicia, España e Portugal

13/11/22 | 12:54 | C. de Sanidade

A Xunta salienta o labor da Asociación Española contra o Cancro, no obxectivo común de mellorar a calidade de vida dos pacientes oncolóxicos

García Comesaña remarca a importancia que terá a nova “Estratexia de Xestión do Cancro en Galicia 2022-2028”, para abordar dun xeito integral estas enfermidades

13/11/22 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas comarcas da Coruña e de Meira

As novas intervencións realizaranse na vía de altas prestacións VG-1.3 ao paso polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada; e na LU-751, nos concellos de Ribeira de Piquín e Meira

13/11/22 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’, que ofrece estadías 100% gratuítas a persoas maiores durante estas datas

Contará con 540 prazas distribuídas en dúas quendas do 23 ao 30 de decembro e do 31 o 7 de xaneiro nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño

13/11/22 | 12:27 | C. de Sanidade

A Xunta enviará directamente aos domicilios os test de cribado para a detección precoz do cancro colorrectal

Sanidade adopta esta decisión tras realizar unha pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee, na que se demostrou que o envió directo dos kits -sen invitación previa por correo-, consegue uns mellores resultados de participación

13/11/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta encabeza desde mañá unha misión comercial a Miami cunha vintena de empresas galegas para seguir estreitando as relacións económicas entre Galicia e EE.UU

O obxectivo é explorar novas oportunidades para o tecido empresarial galego en sectores como o contract, o aeroespacial, o turismo, o agroalimentario, o TIC ou o enerxético, dos que forman parte as empresas que participan na viaxe