Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/08/21 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de mellora de 9,4 quilómetros da estrada LU-231 entre Friol e Palas de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o comezo dos traballos á altura do acceso a Castrelo, no municipio de Palas de Rei

30/08/21 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mantemento e mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona, que suporán un investimento de 270.000 euros

A actuación, cun prazo de execución de 5 meses, ten como obxectivo incrementar o control e mellorar as condicións de regulación desta presa

30/08/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dous obradoiros sobre xestión de solos agrícolas en Monforte de Lemos

A celebración de ambas accións formativas está prevista para o vindeiro luns, día 6 de setembro, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos

30/08/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias acompaña ao ex da NBA Craig Hodges no Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Vigo

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu ao protagonista da sétima edición do documental “O Camiño acaba no Obradoiro” no albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves na viguesa praza do Berbés

30/08/21 | 11:54 | C. do Medio Rural

A Xunta programa para o vindeiro 6 de setembro un curso sobre castiñeiro de froito en Silleda

Esta acción formativa xirará arredor da planificación das plantacións destas árbores en función das zonas e do destino final do produto

30/08/21 | 11:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre unha nova liña de axudas para impulsar as plataformas de venda online de produtos agroalimentarios no rural galego

A convocatoria está destinada a concellos de menos de 10.000 habitantes, federacións de comerciantes e Grupos de Desenvolvemento Rural, os cales poden presentar as súas solicitudes a partir de mañá martes 31 de agosto

30/08/21 | 10:07 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.275 casos activos por coronavirus

Un total de 167.418 pacientes xa están curados

30/08/21 | 09:55 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 85 persoas por 54 accidentes de circulación durante a fin de semana da Operación Retorno do verán

Desde as 15,00 horas do venres, 27 de agosto ata as 23,59 horas do domingo, 29 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 67 chamadas por accidentes de tráfico

29/08/21 | 16:58 | C. de Sanidade
29/08/21 | 11:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A exposición 'As miradas de Isaac' despide a súa estancia na Coruña con máis de 4.000 visitas e viaxa agora a Vigo

Organizada pola Xunta de Galicia, pechou onte as súas portas tras pasar pola sede coruñesa de Afundación e a Cidade da Cultura en Santiago