Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/08/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o esforzo inversor da Xunta nas sete áreas de rehabilitación integral en Ourense, Ribadavia e Castro Caldelas de case 1 millón de euros

O delegado territorial concretou que estes fondos poderán destinarse á concesión de axudas dirixidas aos propietarios de vivendas e edificios a rehabilitar así como aos propios concellos

27/08/21 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 16.000 euros na posta en valor dos castros de Punta Frouxeira e do Coto do Redondo en Valdoviño

O Goberno galego asinou un convenio de colaboración co Concello para poder levar a cabo estas dúas actuacións de recuperación deste patrimonio cultural de Galicia

27/08/21 | 14:00 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia lembra a importancia da colaboración cidadá nos accidentes de tráfico no inicio da Operación Retorno

Adopte as medidas de seguridade axeitadas, sen poñer en perigo a súa vida, para evitar aumentar o número de vítimas

27/08/21 | 13:51 | C. de Sanidade

Sanidade abre a autocita para todas as persoas sen vacinar da covid

Dende as 15.00 horas de hoxe poderase solicitar cita a través da páxina web ou da aplicación Sergas Móbil, sendo os primeriros ocos dispoñibles para a xente nova de 12 a 19 anos, que se vacinarán o luns 30 e o martes 31 de agosto

27/08/21 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os 1250 docentes de reforzo do Plan Recupera incorporaranse aos centros escolares no mes de setembro

O obxectivo desta iniciativa é reforzar as aprendizaxes non adquiridas durante a pandemia para blindar o sistema educativo galego

27/08/21 | 13:45 | C. de Economía e Industria

Últimos días para solicitar as axudas da Xunta dirixidas a asociacións de comerciantes e vendedores co ánimo de impulsar a competitividade do sector

A convocatoria, destinada a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións, pechará o prazo o próximo luns 30 de agosto

27/08/21 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-445, no treito coincidente co camiño de Santiago a Fisterra, nos concellos de Cee e Corcubión

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 4+500 e 4+820 e consisten na execución dun treito de senda para facilitar os desprazamentos dos peregrinos

27/08/21 | 13:39

A Xunta investiu preto de 347.000 euros en formar a 20 persoas desempregadas de Chantada e Carballedo

Os participantes neste obradoiro dual estiveron traballando durante nove meses e adquirindo experiencia en albanelaría e xardinaría

27/08/21 | 13:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúne máis de cen artistas para celebrar este domingo en Lugo a II Festa do Jazz galego con seis horas de música en directo

Terá lugar o día 29, a partir das 13,00 horas, na praza de Santa María como parte da actividade cultural do Xacobeo 21-22

27/08/21 | 12:42 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o carácter pioneiro e exemplar do proxecto silvopastoril das 'Vaquiñas de Pinzás' para xerar actividade rendible e anticiparse aos incendios

A acción -que contou cunha axuda pública de case 150.000 euros- xira arredor da introdución no monte de máis de 30 vacas autóctonas vianesas, a incorporación de tecnoloxía para a xestión do rabaño e o desenvolvemento de programas educativos