Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina preto de 318.000 euros ao concello de Monforte para a mellora dos accesos e a creación dun viveiro empresarial no polígono do Reboredo
O parque utilizará as axudas públicas para ampliar o único camiño que queda por urbanizar no polígono e habilitar un espazo de 180 m² para favorecer a implantación de novas empresas
Galicia iniciará o novo curso con todas as medidas de seguridade necesarias e máis certezas, grazas á vacinación e á experiencia do ano académico pasado
A Xunta propón que, sen baixar a garda, se vaian revisando as medidas durante o curso en base ao nivel de vacinación e á evolución sanitaria en cuestións que afectan ao día a día da comunidade escolar como a mobilidade nos centros, actividades e extraescolares ou saídas
A Xunta executa obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-301, no treito coincidente coa traza do Camiño Portugués ao paso por Padrón
A intervención consiste na execución dun tramo de beirarrúa e dun paso peonil para reforzar a seguridade dos peóns e dos peregrinos
A Xunta patrocina a versión 'Limited' do Resurrection a través da marca Fest Galicia e do Xacobeo 21-22
Os directores de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na presentación do festival de Viveiro, que se desenvolve entre mañá e o sábado nun formato adaptado ás medidas sanitarias
A Xunta executará con fondos europeos un proxecto de restauración ecolóxica na lagoa de Cospeito
O encontro serviu para empezar a concretar o contido e alcance das actuacións, que incluirán tarefas de mantemento e melloras na sinalización, entre outras
Gabriel Alén sinala a Galicia como un destino turístico, seguro, de calidade e sostible neste Ano Santo
O delegado territorial significou que o ‘Ourenrock Sound – XS’ conta con artistas de primeiro nivel como Iván Ferreiro, M-Clan, Dakidarría, Tandub, Indomable e Lau
Fernández-Tapias e a Asociación Galega de Actividades Náuticas presentan monitores por un camiño accesible no marco do programa de “O teu Xacobeo”
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a contribución da proposta a facer de Galicia un destino máis accesible a través da formación dos axentes galegos para que proporcionen a mellor experiencia turística a un público con mobilidade reducida
A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora da estrada OU-402 en Ribadavia e na Arnoia, que suporá un investimento de preto de 715.000 euros
A actuación consiste na mellora do trazado e no acondicionamento da estrada, entre a intersección coa vía provincial OU-0305, no acceso a Ribadavia e a entrada á Arnoia
A Xunta formará mañá 15 persoas en Friol sobre a inseminación artificial de gando bovino e a transferencia embrionaria
Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e impartida pola OAC de Friol, a acción desenvolverase no Centro colaborativo desta localidade lucense
A Xunta remata as obras na autovía AG-64 entre Vilalba e Xermade, e avanza neste punto na mellora da LU-170
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as dúas actuacións suman un investimento de 1,4 millóns de euros e supoñen a renovación do firme en 19 quilómetros de vías