Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia o acondicionamento da estrada AC-423 que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños, cun investimento de máis de 1 M€
A actuación, cun prazo de 6 meses, levarase a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito entre os puntos quilométricos 0 e 5+350
A Xunta pon en valor o traballo dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia na creación da Mesa de Coordinación
Cualificando os GDR como os “nosos ollos no territorio”, José González salientou a importancia da creación dun órgano de traballo coma este, que amosa a vontade de seguir traballando a prol do rural, ademais dun compromiso por xerar sinerxías
A Xunta comeza as obras de mellora do firme en 12 km da vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro
A realización dos traballos fai necesario o corte dun carril, dando paso alternativo ao tráfico polo outro, quedando a vía libre en horario nocturno e días non laborables
A Xunta urxe ao Estado a actuar na conca Miño-Sil para evitar novas baixadas nos encoros e avisa de que extremará a vixilancia sobre fauna e flora
Ángeles Vázquez insta ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a dar explicacións polo baleirado inxustificado por parte das hidroeléctricas con concesións nesta demarcación, que é a sétima con menos ocupación de España, por detrás da do Xúcar
A Xunta apoia a celebración da sétima edición do acontecemento “O Camiño remata en Obradoiro”
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación deste programa de promoción do Camiño de Santiago organizado polo club de baloncesto Monbus Obradoiro
O turismo en Galicia pecha xullo cunha evolución 20 puntos mellor que a media nacional
O número de viaxeiros descendeu un 10,7% na comunidade respecto a xullo de 2019 con 480.000 visitantes, case 20 puntos menos que a caída de case o 30% no conxunto de España
A Xunta investirá preto de 270.000 euros no reforzo do dique flotante do porto marinense de Aguete
Esta actuación busca dar resposta ás necesidades dos usuarios deste peirao, que acolle máis de 200 embarcacións durante a época estival
Román Rodríguez destaca un investimento de case 6 M€ para mellorar os centros escolares de Ferrolterra
A Xunta inviste preto de 800.000€ na reforma integral do centro de Catabois e, para facilitar a conversión do Leixa nun centro integrado de FP
As obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-840 en Oza-Cesuras suporán afeccións ao tráfico a partir de mañá
Será necesario un corte de carril, que se realizará só durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día