Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta promove a arte contemporánea apoiando a 40 creadores emerxentes no XI Encontro de Artistas Novos
Compartirán o seu proceso creativo e poderán aprender de artistas consolidados como Abel Azcona, Marina Vargas, Eugenio Merino e Eva Díez
A Xunta reforza a seguridade no Camiño a través da colaboración con Cruz Vermella para prestar asistencia aos peregrinos ante situacións de emerxencia
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación deste programa que funcionará este mes no Camiño Francés coa previsión de prorrogarse e estenderse a outras rutas en 2022
A Xunta amplía ata 2,1M€ as axudas do Bono eléctrico galego para garantir a subministración nos fogares con máis dificultades
Trátase do segundo aumento de crédito que destina a Xunta á convocatoria deste ano, fiel ao seu compromiso coas familias máis desfavorecidas que non contan coa posibilidade de facer fronte ás súas facturas eléctricas
A Xunta apoia a transformación da zona infantil do parque forestal da Illa da Toxa nunha área recreativa para fomentar a conservación da natureza
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a área na que se instalaron paneis didácticos e xogos de madeira co obxectivo de inculcar valores ambientais á cativada
A Xunta impulsa en Sergude un curso de formación complementaria á iniciación da análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida
A acción formativa ten previsto desenvolverse os días 30 de agosto e 1 de setembro no Centro de formación e experimentación agrogandeira (CFEA) de Sergude en horario de 16:00 a 21:00 horas
O 061 de Galicia asistiu a 84 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 20 de agosto ata as 23,59 horas do domingo, 22 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 84 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta activa por terceiro ano consecutivo o plan propio de control de vendima nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia
O principal obxectivo desta iniciativa, que está coordinada cos consellos reguladores vitivinícolas e dotada este ano cun orzamento de preto de 200.000 euros, é asegurar e preservar a calidade dos viños da nosa comunidade
Galicia rexistra un total de 10.411 casos activos por coronavirus
Un total de 162.131 pacientes xa están curados
A Xunta amplía ata os 900.000 euros as axudas para financiar a contratación de persoas en risco de exclusión social en empresas de inserción laboral
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha segunda convocatoria do programa dirixido a apoiar o custo salarial deste colectivo prioritario para a Xunta