Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/08/21 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe

Estabilizado o lume no municipio lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, que afecta provisionalmente unhas 24 hectáreas

21/08/21 | 15:01

A Xunta advirte de que a situación dos encoros na conca do Miño-Sil é preocupante e extremará a vixilancia da súa evolución

Os niveis de auga encorada nestes momentos en As Portas, Cenza, Salas e Belesar son similares aos que adoitan presentar en outono, polo que un escenario de posible seca nos próximos meses implicaría terribles consecuencias para o caudal ecolóxico

21/08/21 | 14:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica na Ribeira Sacra o papel dos oficios artesanais como atractivo turístico

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o evento organizado pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación no Santuario da Nosa Señora das Cadeiras de Sober, no que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia

21/08/21 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos veciños de Leiro a involucrarse no proxecto de creación dun polígono agroforestal orientado a viñedo de case 100 hectáreas neste municipio

José González indicou que o polígono estaría orientado preferentemente cara a produción de viñedo, pero contemplando a posibilidade de diversificar os seus usos ao combinar cun aproveitamento mixto de gandaría extensiva cun uso forestal con árbores de especies autóctonas

21/08/21 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Cunchiña, a mascota virtual do Xacobeo, acompañará ao líder de “La Vuelta 21” no seu percorrido cara a Galicia

O portador do maillot vermello recibirá ao final de cada etapa un dos peluches que simbolizan o Xacobeo 21-22, que acompañará aos ciclistas ata o final do seu percorrido o 5 de setembro na praza do Obradoiro

21/08/21 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 11,00 h. de hoxe

Activo un lume no municipio lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, que afecta provisionalmente unhas 24 hectáreas

21/08/21 | 13:26 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia emitiu xa máis de 1,6 millóns de certificados covid para cidadanía

Os puntos de realización de tests de antíxenos instalados nos 14 distritos sanitarios realizaron a proba a 24.381 persoas, detectando 283 casos positivos

21/08/21 | 13:00

Os autónomos poden solicitar ata o 30 de setembro as axudas para apoiar o inicio de actividade e a contratación indefinida de traballadores

Para o impulso ao emprego autónomo adícanse 11,2 millóns de euros con axudas máximas de ata 10.000 euros para facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

21/08/21 | 13:00

Rosa Quintana enxalza o conto 'Xela, a redeira' como unha boa ferramenta para dar a coñecer este oficio e promover a remuda xeracional

A Xunta apoia este proxecto da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao no marco da colaboración anual que mantén a Consellería do Mar con esta entidade

21/08/21 | 12:51

Unha ducia de voluntarios pasarán esta fin de semana en Cíes para realizar labores de rexeneración ambiental

Trátase dunha das 20 accións previstas en espazos naturais galegos no marco dun programa conxunto das consellerías de Medio Ambiente e de Política Social