Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/08/21 | 15:14 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 15,00 h. de hoxe

Permanece controlado o lume no municipio lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, que afecta unhas 30 hectáreas

23/08/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita a participar no curso de especialización en financiamento europeo para as ONGD galegas

O curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”, da Fundación Galicia Europa, desenvolverase entre o 14 e o 24 de setembro

23/08/21 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva o venres 'A contenda dos labradores de Caldelas' á parroquia de Tui que lle dá nome á peza teatral escrita en 1671

Con este espectáculo, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga levan á escena en coprodución a considerada primeira dramaturxia escrita en galego co gallo do seu 350º aniversario

23/08/21 | 14:50

Sogama formou este ano a máis de 1.600 galegos grazas a medio cento de cursos sobre xestión de residuos

A maior parte das sesións dirixíronse a veciños de concellos adscritos recentemente ao programa de compostaxe doméstica promovido pola entidade pública ou que decidiron ampliar este servizo a novas vivendas

23/08/21 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza obras de mellora de seguridade na estrada AC-440, no treito coincidente coa traza do Camiño de Fisterra ao seu paso por Muxía

A intervención, no punto quilométrico 12+220 da estrada, consiste na execución de dous tramos de senda e a disposición de sinalización e bandas transversais de alerta

23/08/21 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras no ximnasio do CEIP de Pena Corneira no concello de Carballeda de Avia

Gabriel Alén explicou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu máis de 22.000 euros nas obras de adaptación do ximnasio para o seu uso debido á Covid – 19

23/08/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica no DOG a aprobación do expediente de información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria e accesibilidade na PO-330

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuníronse coa asociación de veciños de Valadares e os comerciantes de Pereiró para informarlles da tramitación

23/08/21 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os encoros hidroeléctricos de responsabilidade da Xunta superan o 66% e que a normativa impide baixadas desmesuradas dos niveis

Vázquez Mourelle subliña a boa situación dos 11 embalses para o aproveitamento hidroeléctrico de competencia da Xunta, como o de Portodemouros ao 62,4% da súa capacidade, fronte ao 13 ou o 15% de certos encoros de Miño-Sil, de responsabilidade estatal

23/08/21 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 1,2 M€ en case 530 hectáreas de pastos na provincia de Ourense para aumentar a base territorial das explotacións e previr incendios

José Balseiros destacou que este orzamento, enmarcado na segunda fase do Plan de pastos de Galicia, financiará un total de 10 pasteiros de nove concellos ourensáns